A primeira administración pública galega en comezar coa campaña de vialidade invernal é a Deputación de Ourense

  • A Deputación de Ourense, primeira administración pública galega en comezar coa campaña de vialidade invernal
  • O operativo está integrado por 30 persoas, dispoñibles as 24 horas os días de alerta, 1.000 toneladas de sal, e 12 vehículos e maquinaria, preparados con coitelas e dispensadores de sal e con dispositivo GPS para localizar a súa posición en todo momento
Posta en marcha do dispositivo de vialidade invernal

Posta en marcha do dispositivo de vialidade invernal

 

A Deputación de Ourense é a primeira administración pública galega en poñer en marcha o dispositivo de vialidade invernal, así o informou o deputado responsable da área de Cooperación do organismo provincial, Pablo Pérez, logo da reunión que mantivo onte co xefe da área de Vías e Obras da Deputación, Jose Manuel González, co xefe do Parque de Maquinaria, José Firvida, e persoal dos dous servizos, para determinar as actuacións a levar a cabo na tempada 2016-2017, que agora comeza. «Trátase dunha campaña que o goberno provincial leva a cabo cada ano co obxectivo de reforzar a seguridade nas estradas provinciais para facer fronte ás adversidades meteorolóxicas propias do inverno», asegurou Pablo Pérez.

Para elo, porase en marcha un operativo que contará con catro camións quita-neves 4×4, dous dumpers, un tractor, dous camións e tres todoterreo, todos eles preparados con coitela e dispensadores de sal. Asemade, todos os vehículos estarán equipados con GPS, que permitirá coñecer a súa posición en cada momento, a través da web da Deputación de Ourense, co obxectivo de coñecer onde se atopan traballando e axilizar ao máximo a coordinación do seu labor.

Así mesmo, «repartiremos 1.000 toneladas de sal, estando a disposición, ademais, de todos os concellos e mancomunidades que así o desexen, tendo especial atención coas zonas máis montañosas da provincia de Ourense, como é Manzaneda», explicou Pablo Pérez, que engadiu, «haberá 30 persoas localizadas e mobilizadas as 24 horas os días de alerta». O deputado provincial destacou o labor que realiza o ente provincial «con iniciativas que se anticipan, unha das máximas da nosa acción de goberno».

También te podría gustar...