A Policía Autonómica realizou 114 identificacións esta fin de semana nos controis de medidas ante a Covid-19
- A Policía Autonómica realizou 114 identificacións, 34 dispositivos e tramitou 10 denuncias esta fin de semana en 7 concellos da provincia de Ourense nos controis de medidas ante a Covid-19
- Leváronse a cabo 46 inspeccións, que se enmarcan no plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19, no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias
Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante esta fin de semana, dende día 11 ata o día 13 de decembro, 34 dispositivos na provincia de Ourense no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron 46 inspeccións en 7 concellos da provincia na pasada fin de semana, con 114 identificacións e a tramitación de 10 denuncias.
En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 11 ao 13 de decembro a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus. Leváronse a cabo 34 dispositivos nos municipios de Ourense, Pereiro de Aguiar, Riós, San Cibrao das Viñas, Sarreaus, Verín e Vilar de Barrio.
No conxunto da comunidade galega, os axentes actuaron nun total de 20 concellos, nos que que se rexistraron 91 operativos cun total de 101 inspeccións, con máis de 272 persoas identificadas e 38 denuncias tramitadas.
Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.
Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.