A Policía Autonómica imputa ao presunto autor dun incendio forestal no concello ourensán de Celanova

policia-localAxentes da Policía Autonómica da Xefatura de Ourense veñen de informar da imputación dun home da Bola como presunto autor dun incendio forestal no concello de Celanova.

O lume que se lle atribúe tivo lugar o pasado 20 de agosto, no lugar de Sixín, parroquia de Mourillós, afectando a 6.000 metros cadrados de monte, cando o imputado estaba a realizar traballos de desbroce cun motocultor, incumprindo as normas de seguridade.

Polos feitos tramitáronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Celanova, en funcións de garda. No que vai de ano, a Policía Autonómica leva imputadas a 55 persoas con delitos relacionados cos incendios forestais.

También te podría gustar...