A Pobra de Trives: volven os cantos de taberna

  • O grupo tradicional As Macizas Centrais e a Asociación Cultural A Caniceira organizan o encontro este 27 de novembro

Trives volverá vivir unha xornada de festa rachada coa ambientación que garanten sempre os Cantos de Taberna.

Despois do parón por mor da Covid, o sábado 27 de novembro a localidade recuperará os esperados cantos de taberna coa participación de 6 formacións tradicionais que farán un percorrido no que visitarán dez establecementos da hostalería local trivesa. Eses locais son: Manolo’s, Sky, Bodegón, Quintela, Boliche, San Martín, Cantina, Casanova, Paíño e Panadería María.

Os grupos que participan nesta edición post-pademia son: ReLaMiDos Taberna Tribute, San Nordés, Sómosche d’herbas, Papuxa, Rondalla A Esmorga, e Macizas Centrais, anfitrioas do evento.

A reunión de grupos será na Praza do Pilón ás 18:30 h. e ás 19:00 comezará a edición “12+1” do evento, segundo sinalan as organizadoras.

 

También te podría gustar...