A Plataforma Queremos Galego! terá unha reunión o xoves no Barco
A Plataforma Queremos Galego! convoca unha reunión este próximo xoves, 29 de xaneiro, ás 20h., no Multiusos do Barco. Nela, analizarase a preocupante situación da lingua galega na comarca e, en xeral, en toda Galicia. Os datos de decembro do IGE (Instituto Galego de Estatístca) do uso do galego son alarmantes polo descenso dos monolingües en galego.
A Xunta de Galicia demostra un total desleixo e desprezo pola lingua galega. A realidade é que é imposible vivirmos en galego con normalidade. Nesta reunión da Plataforma Queremos Galego de Valdeorras trataremos tamén da preparación da manifestación que terá lugar en Santiago de Compostela o día 8 de febreiro (sae ás 12h da Alameda) co lema «Polas fillas dos nosos fillos. Queremos Galego!», e que convoca a Plataforma Queremos Galego.