A mellora do fime na da travesía de A Proba de Trives estará rematada a finais desta semana
- A Xunta executa as obras de mellora do fime na da travesía de A Proba de Trives, que estarán rematadas a finais desta semana
- Estes traballos foron adxudicados á empresa Construcciones Rafer por un importe de preto de 200.000 euros
- A través do Plan de reforzos de firme, a Consellería de Infraestruturas está a mellorar neste ano 2016 case 600 quilómetros de estradas de titularidade autonómica
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), está a executar as obras de rehabilitación de firme na Travesía de Proba de Trives (OU-536), o que suporá unha mellora na seguridade viaria desta zona. Esta actuación adxudicouse a Construcciones Rafer por case 200.000 euros.
As obras consistirán no fresado da capa de rodadura e a extensión do aglomerado, polo que a previsión é que a nova rodadura da travesía de Trives quede rematada a finais desta semana; salvo o repintado. Concretamente, nos puntos quilométricos 68+950 a 71+225, en dita travesía. Posteriormente executaranse as seguintes actuacións.
Na OU-901, realizaranse obras de rehabilitación de firme entre os puntos quilométricos 0+471, en Agrela (concello de San Cristovo de Cea), e 8+450, en San Martiño (concello de Vilamarín). Neste tramo da estrada existen a súa vez tres subtramos nos que o firme está afundido na zona da rodeira polo que estenderase unha nova capa de rodadura nunha lonxitude de 3.100 metros para reparalo.
Por último, na OU-504 levaranse a cabo as obras de rehabilitación de firme nos puntos quilométricos 3+465, onde remata a travesía de San Cristobo (Concello de Beade), e a 26+475, na intersección N-525 en San Cristovo de Cea. Neste tramo realizaranse as reparacións só nos tramos que presentan deformacións, mediante fresado e reposición de firme en zonas puntuais.
Plan de Reforzos de Firme
Estas actuacións forman parte do Plan de reforzos de firme co que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda mellorará case 600 quilómetros de estradas de titularidade autonómica, a través dun investimento de máis 23 millóns de euros.
O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.
A Consellería de Infraestruturas está a realizar importantes esforzos en materia de conservación de estradas, con actuacións que non só se limitan ás tarefas ordinarias de conservación, senón que ademais se complementan con obras de conservación extraordinarias.