A instalación do novo TAC non precisará realizar obras ou modificar o espazo disponible no Hospital
- Un técnico visitou hoxe o Servizo de Radiodiagnóstico e precedeu á medición dos espazos para a instalación do novo TAC
- Unha vez comprobado en plano e in situ a dispoñibilidade de espazo confírmase que o proceso de instalación será mais rápido
Avanzando no proceso de instalación do novo TAC un técnico visitou hoxe o Servizo de Radiodiagnóstico do Hospital Comarcal de Valdeorras e precedeu a comprobación, in situ e en plano, dos espazos dispoñibles para a instalación deste novo dispositivo, co que o Servizo Galego de Saúde dotará ao Barco mediante o contrato de Alta Tecnoloxía agora mesmo na fase final.
Unha vez comprobada a dispoñibilidade de espazo na sala TAC como na de Mamografía, no que tamén están previstos novos equipos, incluidos no lote 1, confirmase que non será preciso proceder a obras de reforma, para a instalación do novo equipamento, o que axilizará este proceso previsto neste primeiro semestre.
En conxunto o contrato de Alta Tecnoloxía conta cun investimento de 48,4 millóns de euros, que permitirá renovar e dotar das últimas tecnoloxías de imaxe aos centros da rede pública do Servizo Galego de Saúde.
A Consellería de Sanidade deu a coñecer un informe, no anterior Consello da Xunta, que a empresa Philips Ibérica S.A. presentou a oferta máis vantaxosa do lote 1, no cal se inclúe precisamente o TAC do Hospital Comarcal de Valdeorras, xunto con equipos de resonancia magnética, mamógrafos, salas de raios dixitais, radioloxía vascular e neurorradioloxía, asi coma de medicina nuclear, PET e gammacámaras.
Cómpre lembrar que o contrato de alta tecnoloxía, que supón un investimento total de 88 millóns, permitirá mellorar a atención á cidadanía, poñer á disposición dos profesionais da saúde as últimas técnicas diagnósticas e terapéuticas, participar en programas de investigación e innovación de ámbito internacional e contar cunha plataforma avanzada de diagnóstico pola imaxe. Non en van, esta iniciativa implica a renovación tecnolóxica existente e a incorporación de novo equipamento, co obxecto de aumentar a productividade e a capacidade diagnóstica do Servizo Galego de Saúde.