A importancia de celebrar o día de Europa
- Gamallo lembrou a importancia de celebrar o día de Europa o vindeiro 9 de maio e de poñer en valor a política de cohesión para Galicia
- O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE ,Jesús Gamallo, destacou que o Día de Europa conmemora a Declaración Schuman, texto que sentou as bases da unión e do futuro común dos pobos europeos
O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea lembrou a importancia do Día de Europa, que se festexa o 9 de maio e conmemora a chamada Declaración Schuman, texto que sentou as bases da unión e do futuro común dos pobos europeos.
Desde a entrada de España na Unión Europea en 1986, Galicia viu reforzada a súa converxencia e integración política e económica co resto de rexións europeas grazas, en gran medida, aos fondos recibidos de Europa. Segundo explicou o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Galicia deixou de ser unha rexión obxectivo converxencia debido ao aumento do noso PIB medio comunitario, que chegou a alcanzar o 92,3% no ano 2009, pasando a integrarnos na categoría de rexións máis desenvolvidas no período de financiamento comunitario 2014-2020.
A dotación orzamentaria da política de cohesión para o período 2014-2020 alcanza os 450.000 millóns de euros, incluíndo a cofinanciamento nacional, e céntrase nos estados e rexións menos desenvolvidos.
España conta, para o período 2014-2020, con 38.000 millóns de euros, mentres que, para o mesmo período, Galicia dispón duns 4.200 millóns de euros.