A I Mostra de productos típicos e de oficios artesanais en Vilariño de Conso potencia a tradición e o Entroido
- Haberá unha comida popular a base de empanada de boletos, troita en escabeche, cabrito asado e o seu dulce típico, os “montonicos”
O próximo 21 de Agosto Vilariño de Conso vai acoller a I Mostra de productos típicos e de oficios artesanais no Campo de Fútbol. Está dirixido a veciños e visitantes e contempla un programa con actividades moi variadas para satisfacer todos os gustos. O horario da Mostra será de 12:00 a 22:00 horas, e o acceso ao recinto será gratuíto para todos.
O programa da mostra iníciase as 12 do mediodía con expositores de coiro, madera, liño, productos artesáns, entroido e tradición. Actuará a Banda de Gaitas de Vilariño de Conso.
Ás 14,30 horas terá lugar un xantar-degustación de empanada de boletos, troita en escabeche,cabrito asado, montonico e postre de castaña, café, licor, auga e viño. Todo elo por un prezo de 15 euros por persoa.
As 16,00 horas da tarde haberá visitas guiadas ó Museo Etnográfico e o Centro de Interpretación de cogomelos.
As 17,00 horas será o turno dos xogos populares: bolos, billarda, rá e petanca.
As 20,30 mostarase o mais representativo da localidade, concretamente haberá unha “Mostra de Entroido Tradicional” e proxección da foliada.
E as 22,00 horas será a clausura da mostra e entrega dos premios dos xogos populares.
A venda de entradas pode formalizarse nos números de teléfono 618 830 714, 988 340 302, 669 844 940.
Esta mostra de productos típicos está organizada polo Concello de Vilariño de Conso en colaboración con Mantesil, a Asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso e o Inorde.