A galardoada ‘O Principio de Arquímedes’ no TLO

  • O Teatro Lauro Olmo acolle hoxe  ás 21:00h o espectáculo que recibiu maiores recoñecementos na actual temporada teatral
  • Teatro do Atlántico presenta ‘O Principio de Arquímedes’ 
  • ‘O Principio de Arquímedes ‘de Josep M. Miró Coromina e dirección de Xulio Lago foi a gran vencedora nos XX Premios María Casares con cinco
  • María Barcala levou o premio Maruxa Villanueva polo seu traballo nesta obra

actores 2.1

 

Fío argumental

Os pais duns rapaces que asisten a uns cursos de natación infantil preséntanlle á directora do Centro as queixas sobre o inadecuado comportamento dun monitor, quen tratando de tranquilizar a un cativo, asustado ao ter que prescindir do “salvavidas” para lanzarse á piscina, abrazouno e deulle un bico, segundo lles contou aos pais unha nena compañeira de cursiño.

O adestrador explica que o único que fixo foi intentar calmar a angustia do rapaz e axudalo a tranquilizarse, pero os pais non aceptan esa versión dos feitos e o conflito, lonxe de resolverse, non para de medrar.

1526115_874132262606425_1935621223734962544_n

 

Teatro do Atlántico

Teatro do Atlántico, compañía constituída no ano 1985, por María Barcala e Xúlio Lago leva realizadas ata o momento 30 producións, entre as que podemos suliñar «Casa de Bonecas», de Ibsen, «A noite das Tríbades» de Olov Enquist, «Amor de don Perlimplin con Belisa no Xardín», de García Lorca, «O cerco de Leningrado», de Sanchis Sinisterra, «O encoro», de Conor McPherson, «A raíña da beleza de Leenane», de Martín McDonagh , «Unha primavera para Aldara», de Teresa Moure ou «Memoria de Helena e María», de Roberto Salgueiro.

As súas producións teñen realizado xiras por case todas as autonomías, con participación en numerosos festivais nacionais e internacionais de Teatro (FIT de Cádiz, FITEI de Porto, Latinoamericano de Córdoba (Arxentina), Internacional de Caracas, MIT de Ribadavia, FESTEIXO de Viana do Castelo, Mostra de Cangas, Mostra de Cee, Muestra de Teatro de las Autonomías «Villa de Madrid», ou FIOT de Carballo) presentando os seus espectáculos sempre en Lingua galega.

María Barcala, Casilda García, Susana Dans, María Bouzas e Gonzalo M. Uriarte recibiron importantes premios de Interpretación en papel Protagonista por traballos realizados en producións desta Compañía, premiada tamén varias veces nos apartados de Dirección e Iluminación (Xúlio Lago), Escenografía (Antonio F.Simón e Carlos Alonso), Actor Secundario (Toño Casais) ou Mellor Espectáculo («A noite das tríbades», «O encoro», «A raíña da beleza de Leenane» ou «Unha primavera para Aldara»).

“O principio de Arquímedes” foi estreado en Marzo do 2015. Con esta nova produción Teatro do Atlántico cumpre TRINTA ANOS de actividade ininterrompida.

También te podría gustar...