A festo do ‘mellor pan do mundo’

  • Festa do Pan de Cea: 25 aniversario da exaltación do «mellor pan do mundo»
  • Manuel Baltar reuniuse co alcalde de San Cristovo de Cea e con representantes do Consello Regulador da IXP para analizar as actividades que se van levar a cabo no vindeiro mes de xullo
José de Lama, Carlos Rodríguez, Manuel Baltar e José Luis Valladares

José de Lama, Carlos Rodríguez, Manuel Baltar e José Luis Valladares

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reicibiu no Pazo Provincial ao alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, e ao presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) «Pan de Cea», acompañado por José de Lama, membro da directiva do consello, con que analizou as actividades que se están a programar na edición de 2016, na que se cumpre o 25 aniversario da exaltación «do mellor pan do mundo, que ten gran proxección nacional e internacional e cuxa elaboración por parte dos artesáns panadeiros de Cea supón manter viva unha tradición de séculos que naceu na contorna do Mosteiro de Oseira e que ten o recoñecemento que merece como Festa de Interese Turístico», afirmou o presidente do goberno provincial trala reunión.

Este ano as actividades vanse ver incrementadas pola conmemoración da efemérides, motivo tamén polo cal a Deputación de Ourense será co-organizadora do evento. O programa de actos desenvolverase entre os días 2 e 3 de xullo coa tradicional ruta dos fornos e a celebración festiva e gastronómica, ao que nesta edición hai que engadir unha andaina solidaria. Ademais, no programa, que será presentado proximamente, inclúense actuacións musicais e degustación de produtos, actividades de showcooking e competicións deportivas, «todo elo para destacar ao produto estrela da gastronomía ourensá, un referente de tradición social que singulariza aínda máis a riqueza etnográfica da nosa provincia», expresou Manuel Baltar.

También te podría gustar...