Aplazada. A Federación de mulleres de “Anaral” organiza unha andaina contra a violencia de xenéro
- Será o vindeiro sábado cun percorrido de 5 kilómetros e o prezo por persoa é de 5 euros
Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, “Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres”, a Federación de Mulleres Anaral, que preside Milagros Calvo Carballo, xunto coas asociacións que a integran (“Anel”, de San Xoán de Río; “Arandeira”, de Pobra de Trives, e “Algueirada”, de Manzaneda) organizan unha andaina contra a violencia de xénero, “Cada paso conta”, en colaboración co Concello de San Xoán de Río.
A iniciativa se desenvolve con motivo da conmemoración do 25 de novembro, “Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres”. A andaina terá lugar o vindeiro sábado, 26 de novembro, ás 10,00 horas da mañá pola Ruta da Fraga, con saida de Mouruas e chegada a Fondo de Vila.
A distancia é de 5 kilómetros e haberá avituallamento, agasallos e petiscos ao rematar. O prezo por persoa é de 5 euros.