A externalización dos servizos públicos lastra o orzamento do Concello de O Barco según Riada Cidadá
A externalización dos servizos públicos lastra o orzamento do Concello de O Barco según Riada Cidadá. De feito é un manifesto que han feito público dende este partido cidadá no que queren deixar ben claro o despilfarro feito polo actual grupo de goberno en lustros.
Os ingresos provenientes dos impostos directos non deixaron de incrementarse no Concello de O Barco nos últimos quince anos. O actual equipo de goberno non foi quén de equilibrar as finanzas do consistorio. Pola contra, neste exercicio 2015, tivo que pedir prestado ós bancos máis de 150.000 euros para acometer certas obras que poderían ser facilmente financiadas cos ingresos procedentes da xestión do auga, a recolleita de lixo e a ORA.
Todos estes servizos fundamentais foron privatizados no seu momento, e o actual alcalde, Alfredo García, artífice e consentidor deste espolio, non ten ningunha intención de que a súa xestión volva as mans dos veciños. Ó contrario, García declarou recentemente que as empresas privadas están a facelo moi ben, e que non hai ningunha necesidade de que a xestión do auga, o lixo e a ORA, beneficien ós seus verdadeiros donos, é dicir, os cidadáns de O Barco.
Para xustificar a privatización indiscriminada dos servizos públicos, tanto PP como PSOE escudáronse durante todos estes anos en dúas mentiras recorrentes: o privado sempre funciona mellor que o público e o público é ineficiente e custoso. A repetición permanente desta falsa idea serviulles para xustificar as súas innumerables privatizacións, que afectaron negativamente á educación, á sanidade e en xeral a tódolos servizos públicos. A realidade é totalmente outra: recuperar o público proporcionaríanos máis recursos, menos despilfarro e maior eficiencia.
Paradoxicamente, os veciños non sabemos exactamente canto está deixando de gañar o concello pola externalización destes servizos básicos, simplemente porque o actual equipo de goberno e ás empresas adxudicatarias non lles interesa que se saiba.
Por este motivo, Riada Cidadá propón no seu programa, entre outras medidas, unha exhaustiva auditoría da débeda doConcello de O Barco e a remunicipalización de tódolos servizos públicos, os que nunca deberían ter pasado a mans privadas, algo que foi deliberadamente consentido e fomentado por parte dos dous partidos maioritarios, tanto desde o goberno como desde a oposición.