A exposición «Unha invasión silenciosa: a biodiversidade baixo ameaza» na Casa da Cultura de Monforte

  • A exposición, organizada pola Aula Universitaria da UNED de Monforte de Lemos e coa colaboración do Concello de Monforte, foi inaugurada na tarde de onte pola 1º Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón
  • A mostra, composta por 13 paneis informativos, poderá ser visitada, inscribíndose previamente a través da web da UNED, ata o día 25 de novembro

 

Na tarde de onte, a Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte acolleu a inauguración da exposición «Unha invasión silenciosa: a biodiversidade baixo ameaza», organizada pola Aula Universitaria da UNED de Monforte de Lemos, coa colaboración do Concello monfortino.

Deste xeito a exposición foi inaugurada pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e  a Concelleira de Cultura, Marina Doutón.

Dita exposición poderá ser visitada ata o día 25 de novembro, en horario de 10:00 a 13:00h e de 16:00 a 21:00 h de luns a venres excepto festivos, e todos os interesados en visitala deberán inscribirse previamente a través da web da UNED: http://extension.uned.es/actividad/23266&codigo=EIS. Por motivos de seguridade ante o Covid-19 o aforo estará limitado á visita dun máximo de 5 persoas á vez.

A exposición pretende divulgar a problemática social e ambiental que provocan as especies exóticas invasoras e enmárcase dentro do ciclo Uned Lugo Naturalmente. A mostra busca a reflexión visual sobre os perigos que acechan á biodiversidade a través de 13 paneis informativos nos que se analiza o fenómeno das especies invasoras, tanto animais como vexetais, e se ofrece un achegamento tanto ás causas como as súas solucións.

También te podría gustar...