A Estación de Manzaneda contará cun sistema de innivición artificial; garantidos aló menos, 120 días de neve cada ano

  • A Estación de Manzaneda contará cun sistema de innivición artificial que incrementará a súa competitividade
  • O Consello de Meisa aprobou hoxe as condicións xerais que rexerán a contratación da obra civil, subministro e posta en servizo do sistema
  • O obxectivo da iniciativa é dar un novo impulso á oferta actualmente presente na estación e atraer novos visitantes
  • A Estación de Manzaneda constitúe un recurso turístico con enorme potencialidade que está contribuíndo a afianzar o posicionamento de Galicia como destino turístico diferencial e a impulsar a desestacionalización da demanda
  • O sistema garantirá, aló menos, 120 días de neve cada ano.
  • O presidente do goberno provincial afirma que a infraestrutura deportiva, de ocio e natureza «non debe centrarse so na tempada de inverno senón que ten que afondar na desestacionalización».
  • Baltar destacou na reunión de Meisa a importancia do sistema de innivación, «que suporá un antes e un despois para a estación de montaña»

 

O Consello de Meisa, a sociedade da Estación de Inverno de Manzaneda que ten como accionistas as entidades públicas de Turismo de Galicia, a Deputación de Ourense e os concellos de Manzaneda e A Pobra de Trives xunto con Oca Hotels, aprobou hoxe as condicións xerais que rexerán a contratación da obra civil, subministro e posta en servizo do sistema de innivición artificial.

O obxectivo da iniciativa é dar un novo impulso á oferta actualmente presente na estación, atraer novos visitantes e poñer en valor recursos que, ata o momento, atopábanse en situación latente. Con este fin, instalarase este sistema de innivación artificial que incrementará a presenza de neve como eixo vertebrador da estación, abarcando a superficie das súas pistas centrais, así como na zona de debutantes, ao obxecto de que diminúa a dependencia da precipitación natural de neve.

Este aumento será máis apreciable na zona de debutantes e nunha vía que percorre a estación, en todo o traxecto do telesilla, debido a que a produción de neve artificial garantirá a súa presenza durante toda a tempada, cunha óptima calidade da mesma, podendo aproveitar un maior ancho útil da pista. Así, incrementarase a demanda no uso do telesilla principal da estación, garantindo ao esquiador unha vía desde a zona alta ata o embarque do mesmo.

Con todo, dada a importancia e características do sistema, dará lugar a un importante incremento no número de usuarios na estación de esquí. O orzamento de licitación do contrato ascende a 5.107.838 euros —6.180.484, IVA incluído—.

Importante recurso turístico
A Estación de Montaña Oca Nova Manzaneda posúe unha especial singularidade ao tratarse do único resort de alta montaña de Galicia, con actividades para o esparexemento durante todas as épocas do ano. Deste xeito, a estación constitúe un dos maiores recursos turísticos de Galicia, con ampla repercusión a nivel nacional.

A práctica do esquí, o sendeirismo ou bicicleta de montaña, a escalada, ou outras moitas actividades que se poden practicar na estación incentivan o contacto coa natureza, primeira motivación pola que os turistas e viaxeiros elixen Galicia como destino. O feito de contar na nosa Comunidade cunha estación de montaña enriquece a oferta turística de Galicia e consolida o noso destino como un modelo sostible. A Estación de Manzaneda constitúe un recurso con enorme potencialidade que está contribuíndo a afianzar o posicionamento de Galicia como destino turístico diferencial e a impulsar a desestacionalización da demanda.

También te podría gustar...