A estación de autobuses de O Barco entre as que xa concluiron as obras dentro Plan Renove de estacións de autobuses

image_galleryA estación de autobuses de O Barco de Valdeorras, entre as que xa concluiron as obras dentro Plan Renove de estacións de autobuses, xunto a outras 12 que tamén danse por rematadas as reformas e adaptacións en termos de accesibilidade.

O total de estación sincluidas neste Plan Renove é de 22 o que supón dicir que un 60% das obras de mellora de accesibilidade e información das estacións de autobuses incluídas xa están rematas. Así o manifestou esta mañá a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, nunha visita ás melloras acometidas na estación de autobuses de Santiago de Compostela.

Estes traballos están enmarcados dentro do Plan Renove das estacións de autobuses de Galicia, cuxo principal obxectivo é engadir valor a estas instalacións de servizo público, ao mesmo tempo que se mellora a calidade que perciben os usuarios ao potenciar aspectos centrados na accesibilidade, na calidade das instalacións e nos sistemas de información.

Xa se remataron, ademáis de a de O Barco, as de A Pobra do Caramiñal, Carballo, Cedeira, Noia, Padrón, Viveiro, Ribadeo, Mondoñedo, Vilalba, Sarria e Xinzo de Limia, ademais das de Santiago.

O plan finánciase con cargo ao Programa Operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), que dentro dos seus obxectivos estratéxicos pretende reforzar o desenvolvemento das infraestruturas ambientais e de transportes.

Na actualidade, Galicia conta cun total de 45 estacións de autobuses, das cales a Xunta de Galicia é a administración titular de 38 estacións.

 

También te podría gustar...