A Escola de Artes e Oficios no C.C. Marcos Valcárcel. Aberto ao longo de todo o mes de novembro o prazo de matrícula
A Escola de Artes e Oficios da Deputación provincial de Ourense ten aberto ao longo de todo o mes de novembro o prazo de matrícula para o novo curso académico, que nesta ocasión terá un período lectivo dende o 4 de xaneiro de 2016 ao 30 de xuño do mesmo ano.
Esta escola da Deputación ofrecerá as disciplinas de debuxo e iniciación á pintura, perfeccionamento en pintura, talla en madeira, modelado e vaciado e oleiría.
Con tres horas de clases diarias, de luns a venres, de 18.00 a 21.00 horas, os alumnos interesados deberán abonar unha taxa de matrícula de 40 euros e 10 euros mensuais. Están exentos de pago as persoas con síndrome de Down, as que teñan unha discapacidade superior ao 30 por cento e as persoas desempregadas.
A documentación poderá retirarse nas dependencias do Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, en horario de 8.30 a 14.30 e de 16.00 a 21.00 horas.
Para máis información poderán dirixirse ás dependencias do propio centro cultural, telefónicamente no número 988317895 e por mail a centrocultural@depourense.es.