A directora de Turismo de Galicia e o delegado do Goberno mantiveron unha reunión sobre a seguridade viaria no Camiño de Santiago

image_gallery (1)

 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantivo esta mañá unha reunión co delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, sobre a seguridade viaria no Camiño de Santiago.

Ademais, participaron no encontro o xefe da demarcación de estradas de Galicia, así como representantes da Axencia Galega de Infraestruturas, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e da SA de Xestión do Plan Xacobeo da Xunta de Galicia.

Durante a reunión analizáronse os puntos de maior perigosidade viaria detectados nas diferentes rutas do Camiño de Santiago, co obxectivo de estudar posibles solucións entre as administracións implicadas.

También te podría gustar...