A deputada nacionalista Ana Pontón realiza unha visita a Viana para coñecer as prioridades do goberno local
- Reunirase con equipo de goberno local, Secundino Fernández, e tamén ca asociación de lactancia
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, realiza este xoves unha visita institucional ao Concello de Viana do Bolo para coñecer de primeira man as propostas e as prioridades do goberno municipal que lidera Secundino Fernández.
A visita iniciará ás 11.30 horas cunha reunión na casa do concello co executivo local. Ás 12.15 horas a tamén deputada participará no acto simbólico de arriado da bandeira da Unión Europea, como medida de protesta contra a política de abandono dos refuxiados que están a practicar os estado membros da UE.
Posteriormente, realizarán un paseo polo casco histórico da localidade, incluíndo a Torre do castelo. Igualmente, farán unha visita á escola infantil, seguida dunha reunión coa asociación de lactancia.
Entre os temas que se abordarán atópase o estado da OU-533 que precisa dunha reforma estrutural polo seu estado de obsolescencia e perigosidade, pese a ser unha vía con unha gran cantidade de tráfico pesado, e tamén das necesidades en materia de servizos sociais nun concello cunha poboación rural e fortemente envellecida.