A Deputación e nove concellos asinan convenios para investir máis de 400.000 € para infraestruturas termais en Ourense

convenio.termalismo.deputacion.e.concellos.05

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinou hoxe no Balneario das Termas de Outariz con alcaldes e representantes dos concellos do Carballiño, Bande, Punxín, Lobios, Baños de Molgas, Cortegada, Cenlle, Ribadavia e Verín senllos convenios de colaboración por un importe total de 442.975 euros para a realización de obras de infraestruturas termais nos citados municipios.

Estas obras teñen como obxectivo, segundo destacou o presidente Manuel Baltar mellorar contornas, estradas, fontes, captacións e, en xeral, todas as infraestruturas relacionadas cos servizos de termalismo de que dispoñen os concellos que subscriben estes acordos, pois poñendo en valor e potenciando a nosa riqueza termal estamos tamén potenciando o noso turismo, a nosa economía e tamén o benestar dos cidadáns”.

Manuel Baltar dixo que que trala sinatura onte co presidente da Xunta o acordo para a execución do Plan Termal Provincial, “o termalismo na provincia de Ourense é unha realidade imparable. Puxemos en marcha as actuacións para o desenvolvemento das estratexias que no horizonte 2014-2020 se levarán a cabo en materia de infraestruturas, servizos e promoción do termalismo na provincia de Ourense, e o vindeiro 15 de decembro, en Laias constituirase o Consello Termal Ourensán, para o cal esta semana enviaremos a convocatoria aos participantes, pertencentes aos distintos niveis territoriais de administración: Estado-Comunidade Autónoma e Provincia, ademais de concellos, universidade e empresa, para, entre todos, seguir creando riqueza termal para a nosa provincia».

Para os convenios hoxe asinados a Deputación de Ourense achega unha cantidade de 300.000 euros e os concellos, un total de 142.975 euros, que se reparten nas seguintes obras:

– Concello do Carballiño, “Acondicionamento do entorno do Bañiño de Arcos”. Deputación: 25.608,57 €. Concello: 24.338,26 €.

– Concello de Punxín, “Construción de dúas pozas termais en O Bañiño-As Quintás” Deputación: 42.742,63 €. Concello: 6.468,67 €.

– Concello de Bande, “Mellora da captación das augas termais de Bande”. Deputación: 27.828,97 €. Concello: 13.226,33 €.

– Concello de Lobios, “Adecuación e mellora do entorno da área termal de Os Baños”. Deputación: 31.363,10 €. Concello: 18.636,90 €.

– Concello de Baños de Molgas, “Realización de pozas termais no Parque do Muiño”. Deputación: 32.880,37 €. Concello: 17.012,16 €.

– Concello de Cortegada, “Reparación de elementos de fachada e realización de carpinterías interiores no edificio do novo balneario de Cortegada”. Deputación: 36.284,98 €. Concello: 13.715,02 €.

– Concello de Cenlle, “Mellora da estrada de acceso á área termal de Laias”. Deputación: 37.828,07 €.

– Concello de Cenlle, “Investimentos en materia de termalismo” 10.027 €.

convenio.termalismo.deputacion.e.concellos.01

 

– Concello de Verín, “Adecuación e mellora de fonte e do seu entorno nas inmediacións do balneario de Cabreiroá”. Deputación: 21.556,35 €. Concello: 20.226,64 €.

 

– Concello de Ribadavia, “Mellora do acceso ás termas de Prexigueiro”. Deputación: 33.879,55 €. Concello: 29.351,12 €

 

 

También te podría gustar...