A Deputación de Ourense segue a renovar a súa frota coa incorporación de 27 novos vehículos
- Manuel Baltar visitou o parque móbil do ente provincial que conta con novas incorporacións para os ámbitos de Medio Ambiente, Infraestruturas e Vías e Obras
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto co vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Jorge Pumar e o deputado de cooperación, Pablo Pérez, visitaron o parque móbil do ente provincial que conta con novos vehículos para o transporte de persoal, material e ferramentas de traballo, “unha renovación da flota de vehículos do parque móbil que ten como obxectivo seguir mellorando os servizos que a Deputación de Ourense lle presta aos concellos da provincia e os cidadáns tanto na área de medio ambiente, como vías e obras e infraestruturas”, asegurou Manuel Baltar.
O parque móbil do ente provincial foi dotado con novas incorporacións na súa frota, en concreto con 27 vehículos con contrato de aluguer de 4 anos, en modalidade renting. Entre eles hai 3 vehículos de tipo turismo medio, 4 de turismo pequeno, 4 furgonetas de tipo mixta curta e 16 furgonetas mixtas largas. Asemade un camión lixeiro 7,5T que ten como destino a conservación e explotación e cooperación con Concellos, e un tractor 4×4 para a conservación e explotación medio ambiente e cooperación con Concellos.