A Deputación de Ourense promove a figura de Carlos Casares

Fundación Carlos Casares

 

A Deputación de Ourense levará a cabo acción de apoio institucional e culturais para difundir e promover a figura do escritor e intelectual ourensán Carlos Casares. Así llo confirmou hoxe o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, ao presidente da Fundación Carlos Casares, Javier Casares Mouriño, e aos membros desta entidade Hakan Casares –fillo do escritor- e Gustavo Garrido, quen participaron na xuntanza que tivo lugar no Pazo Provincial.

En concreto, Baltar afirmou que a Deputación de Ourense «ofrecerá a súa máxima implicación co Padroado da Fundación Carlos Casares para colaborar na realización dos obxectivos da mesma», e, neste senso, acordouse que en próximas datas ámbalas dúas institucións asinarán un convenio de colaboración para establecer as liñas concretas de cooperación. Unha delas será, adiantaron, a realización da primeira exposición que amosará a novidosa faceta do «Carlos Casares fotógrafo», un perfil do escritor até o de agora descoñecido e que no vindeiro ano 2015 poderá verse por primeira vez en Ourense para que o público descubra a creatividade de Casares a través da imaxe fotográfica.

También te podría gustar...