A Deputación de Ourense organiza unha xornada sobre deporte municipal

Deputación Ourense

 

Alcaldes, concelleiros e técnicos deportivos da provincia de Ourense participarán mañá venres, 28 de novembro, nunha Xornada sobre deporte municipal,  dirixida a pequenos e medianos  municipios, que organiza e patrocina a Deputación de Ourense en colaboración coa Asociación galega de xestores deportivos (Agaxede) e que terá lugar no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense, entre as 16.00 e as 20.00 horas. Baixo o título “Modelos de xestión público a exame” analizaranse os diferentes instrumentos en mans do sector público para a xestión dos servizos deportivos e culminará cunha mesa redonda sobre “Xestión directa versus xestión externalizada”.

Participarán como relatores Eduardo Blanco Pereira, douctor da Universidade da Coruña; José Cabrera Domínguez, representante do Cabildo Insular de Gran Canaria; Manuel Calo Canosa, tecnico de deportes do Concello de Cee; Francisco Cacharro Gosende , secretario xeral da Deputación de Ourense; Paulo Rubido Bará, secretario da CIG-Servizos; Santiago López Cuadrado, xerente do Multiusos Fontes do Sar, e Rafael García Guerrero, alcalde de Noia.

Os obxectivos da xornada son coñecer as vantaxes e desvantaxes dos modelos de xestión deportiva municipal existentes na actualidade, descubrir novas tendencias en canto a fórmulas e técnicas de xestión deportiva e analizar exemplos de gestión eficiente de servizos deportivos nos concellos.

 

También te podría gustar...