A Deputación de Ourense entrega máis de cen mochilas-botiquín para os clubs de Fútbol Sala

1 1 1 2015 MB e mochilas FS

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, fixo entrega ao delegado da Federación Galega de Fútbol Sala en Ourense, Javier Caldas Otero, dun lote de máis de cen mochilas-botiquín, que irán destinadas aos clubs de Fútbol Sala da provincia de Ourense. Con este acto, que tivo lugar na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, a Deputación de Ourense quere amosar o seu apoio e colaboración co deporte provincial. Ademais dos elementos necesarios para curas de primeiros auxilios as mochilas-botiquín están equipadas con férulas hinchables que son utilizadas para inmobilizar determinadas extremidades en caso de lesión. O acto contou tamén coa presenza do presidente da Federación Galega de Futbol Sala, Juan Ángel Probaos Barral; o técnico da federación, Ramón Tasende, e o asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González.

También te podría gustar...