A delegada territorial da Xunta en Ourense mantén un encontro institucional co subdelegado do Goberno na provincia
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, mantivo hoxe unha xuntanza co subdelegado do Goberno, Roberto Castro. Este encontro enmárcase dentro da xira de visitas que está a realizar aos principais representantes das institucións ourensás como nova responsable do Goberno galego na provincia.
Na xuntanza abordaron diversos aspectos nos que ambas institucións están implicadas e púxose de manifesto o propósito de seguir mantendo unha boa liña de colaboración entre ambas as dúas administracións para traballar de xeito coordinado polo futuro da provincia. Marisol Díaz incidiu nas “vantaxes da colaboración e do diálogo entre as distintas institucións, xa que aunando esforzos pódense levar a cabo un maior número de actuacións que benefician directamente aos cidadáns.”