A delegada territorial da Xunta en Ourense mantén un encontro institucional co presidente da Deputación provincial, José Manuel Baltar
A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, mantivo hoxe unha xuntanza co presidente da Deputación provincial na que acordaron reforzar as liñas de colaboración que xa están en marcha para mellorar servizos públicos e impulsar sectores importantes da provincia como o vitivinícola e o termal. Este encontro enmárcase dentro da xira de visitas que Díaz Mouteira está a realizar aos principais representantes das institucións ourensás como nova responsable do Goberno galego na provincia.
Na xuntanza abordaron diversos aspectos nos que ambas institucións están implicadas e púxose de manifesto o propósito de seguir mantendo unha boa liña de colaboración entre ambas as dúas administracións para traballar de xeito coordinado polo futuro da provincia e o beneficio e benestar dos seus cidadáns.