A Coruña dá o disparo de saída ao Fórum Gastronómico de marzo de 2015
A Coruña deu onte o «disparo de saída oficial» á celebración do Fórum Gastronómico de 15 a 17 de marzo de 2015, un evento co que aspira a se converter nesta segunda edición na «capitalidade gastronómica do Atlántico».
O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, e o presidente da Deputación provincial, Diego Calvo, presentaron hoxe a segunda edición do Fórum Coruña, acompañados polos organizadores do evento, Pep Palau e Jaume von Arend.
O Fórum Gastronómico, que decorreu neste ano na Coruña, recibiu máis de 21.000 visitantes, 40% máis que noutros anos en Galicia, a mesma porcentaxe en que aumentaron as marcas presentes, até 457, cifras que revelan a súa consolidación na cidade.
«O mar como paisaxe culinaria» foi o eixe central do Fórum Coruña e por iso no panel de convidados figuraron especialistas en descubrir e cociñar os produtos do mar, como Pepe Solla (Casa Solla), mais tamén na cociña doce, como o responsable das sobremesas de El Celler de Can Roca (Xirona), Jordi Roca, e en viños, como o sommelier Josep Roca, e figuras emerxentes como Diego López (La Molinera) e Lucía Freitas (A Tafona)