«A construcción do pavillón do CEIP Xulio Gurriarán do Barco de Valdeorras, no xogo político» denuncia CCOO Ensino
CCOO Ensino Ourense:
- A consellería inclúe no xogo político a construcción do pavillón do CEIP Xulio Gurriarán do Barco de Valdeorras
- A xefa territorial de educación en Ourense mentiu na reunión celebrada o venres 8 de xullo de 2016 na xefatura territorial de educación en Ourense
O venres 8 de xullo celebrouse en Ourense unha xuntanza na que un dos puntos da convocatoria era a seguinte:
“Esixencia, unha vez máis, de dar unha solución inmediata á problemática do CEIP Xulio Gurriarán, e a revisión dos protocolos para acometer, con carácter de urxencia, as necesidades de dotación dos centros.”
A Titular da delegación de educación en Ourense, transmitiu que o proxecto de construcción do pavillón do Xulio Gurriaran de O Barco de Valdeorras ten o “OK” da consellería e que actualmente se remitiu a documentación o concello de O Barco para que revise e asine o acordo, onde como administración local ten que ser participe do orzamento da obra.
CCOO Ensino, ten constancia de que o concello de O Barco de Valdeorras, non recibiu documentación o respecto deste proxecto.
CCOO Ensino, denuncia o uso político que se está a facer por parte da consellería de educación dunha infraestrutura vital para o normal desenvolvemento das actividades educativas do CEIP Xulio Gurriarán.
CCOO Ensino, pon de manifesto que a consellería está a adiar intencionadamente a realización desta obra, ben porque non a quere facer ben porque a quere utilizar como arma electoral.
CCOO Ensino, solicita que a administración deixe de xogar coa comunidade educativa, faga público o proxecto e estableza un calendario de execución.