A Consellería de Cultura e Educación outorga 150 axudas a estudantes universitarios para estadías no estranxeiro

Cabecera-Diario-Oficial-Galicia_EDIIMA20121201_0107_13O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a orde pola que se fai pública a resolución do concurso de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2015, co obxectivo de coñecer a lingua dese país. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria concede un total de 150 axudas dotadas cada unha delas dunha achega de 900 euros, que veñen a reafirmar o compromiso do Goberno galego coa igualdade de oportunidades de todo o alumnado para acadar a excelencia, así como un estímulo en prol da mobilidade.

Das axudas totais, 80 foron para estudantes da Universidade de Santiago de Compostela, 58 para a Universidade de Vigo e 12 para a Universidade da Coruña. En canto aos destinos, impúxose Irlanda cun total de 51 solicitudes, seguido de Malta (48), Reino Unido (23) e Italia (10).

Requirimentos
Para poder acadar as bolsas os solicitantes tiñan que estar matriculados no curso universitario 2014/15, como mínimo en 50 créditos, incluído neles o proxecto fin de carreira, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia en estudos conducentes ao título de graduado, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico, e ter superado 60 créditos con anterioridade á data de publicación da orde na titulación que está a realizar.

Así mesmo, o curso de idiomas tiña que ter unha duración mínima de tres semanas, con polo menos 15 horas lectivas semanais; e o idioma a cursar debía corresponder co idioma oficial do país elixido.

También te podría gustar...