A Consellería de Cultura e Educación convocará 446 prazas para as oposicións a mestres e inspectores no ano 2015

xunta-de-galicia-300x135A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocará 446 prazas para as oposicións a mestres e inspectores neste ano 2015, segundo a proposta presentada hoxe na mesa sectorial. Deste xeito o departamento educativo da Xunta de Galicia esgota o 50% da taxa de reposición permitido polo Goberno central; e faino cunha oferta de emprego público en todas as especialidades de mestres, agás a de francés.

A distribución de prazas será a seguinte:

CORPO DE INSPECTORES DE EDUCACIÓN

Reserva de discapacitados
Libre
Total
1
13
14
CORPO DE MESTRES
Código/especialidade
R. discapacitados
Libre
Total
031
Educación infantil
12
163
175
032
Lingua estranxeira: inglés
3
47
50
034
Educación física
3
32
35
035
Música
3
34
37
036
Pedagoxía Terapéutica
3
47
50
037
Audición e Linguaxe
4
51
55
038
Educación Primaria
2
28
30
Total
30
402
432

Outros temas da mesa sectorial
Na mesa sectorial celebrada hoxe abordáronse, así mesmo, a orde pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da Dirección dos centros docentes públicos; e máis a convocatoria de concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería, e de prazas nos equipos de orientación específica.

No caso do concurso de méritos para a selección e o nomeamento da Dirección dos centros docentes públicos está prevista a renovación de 168 directores; mentres que no do concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería os postos suxeitos á convocatoria serán 23, en concreto os dos de mestres para centros da Consellería de Traballo e Benestar en Montefiz e Monteledo (Ourense), para a Fundación Monte do Gozo- Proxecto Home Galicia, o Centro base da ONCE en Vigo, a Escola de Especialidade Antonio de Escaño (Ferrol), e a Escola de especialidades fundamentais da Estación Naval de Graña (Ferrol). No caso dos equipos de orientación específica o número de prazas contemplado no concurso será de 10.

Na xuntanza mantida cos sindicatos abordouse ademais o proxecto de orde pola que se regula o procedemento de consolidación do complemento específico das directoras e directores dos centros docentes públicos.

También te podría gustar...