A comunidade educativa do “Julio Gurriarán” de O Barco remite á Xunta 870 sinaturas reclamando a construcción dun pavillón
- Lembra que non tivo ninguna resposta dende o pasado 4 de maio cando escomenzaron as mobilizacións para reclamar dito servizo
A comunidade educativa do CEIP Julio Gurriarán de O Barco enviou onte mais de 870 sinaturas á Xunta para a reclamar a construcción dun pavillón no centro tendo en conta “a falta de compromiso real daquela para a dotación de esta infraestrutura para o noso centro”, expón, xa que dende o pasado 4 de maio, data na que escomenzaron as mobilizacións, “non tivemos ningunha resposta oficial por parte da Xunta de Galicia seguindo como hai 10 anos: boas palabras e nada máis”.
As sinaturas foron remitidas ó presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoó; ó conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González e a xefa territorial en Ourense da Consellería de Cultura, María Mercedes Gallego Esperanza.
No escrito que acompaña ás sinaturas a comunidade educativa do CEIP Julio Gurriarán lembra que é o centro de ensino máis antigo da comarca de Valdeorras e que conta con 316 alumnos e alumnas matriculados no curso 2015/2016. A pesares diso, “é o único que non conta cun pavillón de deportes para o seu alumnado minusvalorando a materia de Educación Física”, engade ó centro.
P on de manifesto que dita carencia leva ó alumnado a saír do centro durante a clase de Educación Física ou ben desenvolver esta materia a cuberto no salón de actos, que é tamén unha aula de usos múltiples (Madrugadores, Comedor, Charlas, Teatro etc.). “Este espazo é de dimensións reducidas e non cumpre coas condicións mínimas que se esixen para a materia de Educación Física”, puntualiza.
Tamén expón no seu escrito que para realizar as clases de Educación Física de xeito digno, o alumnado debe abandoar o centro para ir ao pavillón municipal.” Isto provoca que se perdan 20 minutos de clase no traxecto de ida e volta, que se corran perigos reais xa que os nenos teñen que transitar por estradas con moito tráfico e pouca seguridade e, ademais, deben soportar as inclemencias meteorolóxicas”, precisa a comunidade educativa, para reiterar que “a integridade física dos nosos fillos e fillas non está garantida. Queremos advertir que, de ocorrer unha desgraza, os responsables serán os que non cumpriron os seus compromisos co noso centro”.
A comunidade educativa do centro conclúe apuntando que estes feitos véñense poñendo en coñecemento da Xunta de Galicia dende o ano 2005. “En xuño de 2015 a xefa territorial en visita ao noso centro prometeu a construción dun pavillón. De todos os xeitos, non houbo un compromiso formal por parte de Administración para a construción do pavillón”, argumentou.