A CIG alerta do aumento ‘imparable’ da ‘precariedade e a temporalidade’ nos contratos
A CIG cre que os datos do paro rexistrado no mes de xullo «confirman a mentira de que esteamos nunha etapa de crecemento» e argumenta, que, malia o descenso no desemprego no mes de xullo, «a precariedade e a temporalidade aumentan de xeito imparable».
En concreto, atribúe o descenso do desemprego «á estacionalidade e a emigración», mentres que asegura que «dos 91.604 contratos asinados, tan só 5.466 se fixeron baixo algunha das modalidades de contratación indefinida en vigor», engade.
Ademais, afirma que os contratos temporais se incrementaron en xullo un 25,17% respecto ao mes de xuño, mentres que a contratación indefinida «só aumentou un 1,20%», apostila.