A caza maior declarada actividade esencial

  • A Asociación Agraria de Galicia celebra que a Consellería de Medio Ambiente atendese a súa petición de declarar a caza maior actividade esencial
  • Tal e como lle socilitara ASAGA á conselleira, tódolos cazadores poderán desprazarse por toda a comunidade para participar en batidas de xabaríns ou lobos

 

Despois de facerse pública a decisión da Consellería de Medio Ambiente de autoriza-la movilidade dos cazadores galegos por todo o territorio da comunidade para participar en batidas, a Asociación Agraria de Galicia quere agradecerlle á conselleira que atendese á petición que lle fixo o presidente da organización, Francisco Bello, o pasado nove de novembro. A partir desta fin de semana, poderan desprazarse por toda a comunidade tanto
os aficionados federados coma os non federados, tal e como tamén lle solicitou a asociación.

Ao ser declarada actividade esencial, os cazadores poderán sair dos seus municipios, aínda que estén confinados, entrar en concellos diferentes aos da súa residencia, estén pechados perimetralmente ou non, e poderán reunirse con outros aficionados cos que non convivan.

Tomar esta decisión era fundamental para evitar que se propaguen enfermidades animais, para reducir os accidentes de tráfico e mitigar os danos á agricultura e á gandaría.

Medidas de protección

Por outra parte, cabe lembrar que a caza está permitida en tódalas súas modalidades, sempre que se usen máscaras e se respeten as distancias de seguridade. Precisamente, dende a Asociación Agraria de Galicia queren pedirlle a tódolos cazadores que extremen as medidas de seguridade, tendo en conta a crise sanitaria que estamos vivindo. 

También te podría gustar...