A candidatura “Contigo Podemos” foi presentada en Ourense para as “primarias” que está desenvolvendo

  • Está encabezada polo ourensá Alejandro Hermida seguido da barquense Carmela Docampo
Integrantes da candidatura e a barquense Carmela Docampo

Integrantes da candidatura e a barquense Carmela Docampo

 

A candidatura “Contigo Podemos” de Podemos Galicia foi presentada en Ourense para as “primarias” de En Marea, que se están a celebrar entre onte mércores e hoxe xoves   _17 y 18 de agosto-.

A lista, que recolle afiliados dos círculos de Podemos da provincia de Ourense, está encabezada por el ourensá Alejandro Hermida, quen dí  que participa deste proxecto porque “a xente xa está cansa das mesmas promesas valeiras de sempre. A nosa candidatura non promete, senón que cumprirá co mandato da xente do común”.

A segunda da lista, a valdeorresa Carmela Docampo, concretamente de O Barco de Valdeorras, candidata ao Congreso dos Deputados nas dúas últimas eleccións, asegura que os eixos que a moveron a dar o paso son “a igualdade de oportunidades, a participación cidadá, a paridade de xénero e a non discriminación social pola orixe territorial ou de clase”.

Carmela Docampo expresa que “como muller rural, e como galega, síntome na obriga de participar e comprometerme no cambio que queremos”.

“Contigo Podemos” é a candidatura da que forma parte Carmen Santos, secretaria xeral de Podemos Galicia, e parte da súa executiva.

O cartaz da candidatura

O cartaz da candidatura

 

 

También te podría gustar...