A campaña ‘1 mes 1 profesión dixital’ abordará as novas competencias tecnolóxicas na arquitectura

A campaña ‘1 mes 1 profesión dixital’ abordará as novas competencias tecnolóxicas na arquitectura o vindeiro día 15.

  • O curso desenvolverase entre o 19 de outubro e o 30 de novembro e terá un total de 25 alumnos, entre usuarios e supervisores desta modalidade a distancia
  • Esta actividade formativa realizase no marco da colaboración que manteñen a Xunta de Galicia e o Goberno de Arxentina desde abril do ano pasado

thumb_facultad-de-arquitectura-3d-en-max-52039O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organizan o vindeiro xoves 15 a xornada Faite profesional dixital de tecnoloxías informáticas na arquitectura. O encontro insírese na campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital 1 mes, 1 profesión dixital e desenvolverase na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC).

Os asistentes ao evento coñecerán, grazas ás intervencións de destacados expertos e profesionais na materia, novas competencias e habilidades profesionais que se están a demandar no mercado laboral actual no eido da arquitectura. Os relatores exporán as características e requisitos do seu labor e perfil profesional, tanto de xeito individual como nun debate conxunto e aberto ao público.

O encontro desenvolverase de 17.15 a 20.00 horas no Salón de Actos da ETSAC. A inscrición é libre e gratuíta, e as persoas interesadas en asistir poden inscribirse a través do enderezo electrónico eventos@cpeig.org ou da web www.profesionsdixitais.org, na que tamén figura o programa e información da iniciativa e dos relatores que participan.

Programa e relatores
Tras a benvida institucional, a cargo do presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e do director da ETSAC, Fernando Agrasar, intervirá Eloi Coloma Picó, consultor especialista en BIM e director do Master en BIM Managament Steering da Universidade Politécnica de Catañuña (UPC) para falar do “Impacto das tecnoloxías da información no sector da construción”.

A continuación, falará Aitor Almaraz Sánchez, estudante do Master Universitario de Arquitectura da ETSAC cunha charla baixo o epígrafe de “Pensando en paramétrico. Contornas dixitais”.

Pola súa banda, Luis Antonio Hernández Ibáñez, profesor titular da UDC e coordinador do Grupo de Visualización Avanzada e Cartografía en Arquitectura, Enxeñaría Civil e Urbanismo, falará da “Realidade virtual, interacción natural e motores de videoxogo. Tendencias en visualización interactiva de arquitectura”.

O último dos relatores será José A. Vázquez, xefe de estudos da ETSAC, quen realizará unha presentación do Obradoiro de Fabricación Dixital da ETSAC.

Para rematar a xornada, está previsto un debate entre os relatores e o público.

1 mes, 1 profesión dixital
A campaña 1 mes, 1 profesión dixital arrincou o pasado mes de abril coa xornada Faite profesional dixital do marketing dixital. Trátase dun ciclo de seis xornadas sobre novos perfís dixitais que se desenvolverá ata outubro, e que ten como obxectivo xeral crear conciencia da necesidade que teñen os cidadáns de mellorar o seu dominio da tecnoloxía da información e a comunicación cara ao emprego. A iniciativa é froito do acordo de colaboración asinado no presente ano entre o CPEIG e a Amtega.

 

También te podría gustar...