A calidade do sector vitivinícola e “o mellor piar para seguir crecendo nos próximos anos”
Feijóo resaltou a calidade como a clave que permitiu ao sector vitivinícola crecer en facturación e exportacións e como “o mellor piar para seguir crecendo nos próximos anos”
Precisou que a calidade permitiu ás cinco denominacións de orixe galegas facturar máis de 200 millóns de euros no ano 2015 e que o peso relativo do viño que venden ao exterior crecese un 52% entre a campaña de 2008/2009 e a pasada
Salienta o incremento do orzamento destinado á innovación no mundo rural; e as investigacións levadas a cabo desde centros coma a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia para profundar no estudo e caracterización xenética de especies e cepas de lévedo.
Tamén resaltau o aumento das axudas aos consellos reguladores, “especialmente, a partida dedicada ao control de calidade, nun 50%”.
Afirma que ademais de confianza, excelencia e prestixio, calidade é hoxe sinónimo de Galicia, e lembra que a marca Galicia Calidade suma xa 55 empresas e máis de 350 produtos certificados.