A Asociación Cultural A Caniceira de Trives organiza o VIII “Entroido de verán”
- Entroido de verán en A Pobra de Trives
- Desde mañá xoves (día 11) ata o domingo (día 14) terá lugar en Trives, o “Entroido de verán”, organizado pola Asociación Cultural A Caniceira de Trives
Este ano o Entroido de verán é especial, non so por chegar á súa oitava edición, senón porque este ano A Caniceira está de décimo aniversario. Como no verán hai máis xente no pobo e o tempo acompaña xérase un moi bo ambiente para desfrutar desta festa.
Desta vez, quen se achegue a Trives durante esas datas poderá desfrutar de concertos (Triblues Band, Son do Sil, Paco Cossio, Los Iñigos…), a V Edición dos Cantos de Taberna (nos que participarán oito grupos), a feira de artesanía, desfile de folións e comparsas, etc.
A celebración deste Entroido de verán é posible grazas ao gran traballo que levan a cabo na asociación A Caniceira, que organiza diversas actividades durante todo o ano, e tamén grazas a que cada ano se implican e colaboran máis locais de hostelería, tendas e establecementos de Trives.
O Entroido de verán sempre é o segundo fin de semana de agosto, e cada ano participa máis xente.
Desde A Caniceira de Trives animan a todo o mundo a achegarse e desfrutar da festa, e amosan o seu agradecemento a tódalas persoas que dun ou doutro xeito colaboran para que este Entroido poida levarse a cabo, enchendo de vida e de ledicia o pobo.
Resumo do programa de actividades:
Xoves, 11 de agosto de 2016:
– 22.00h. Actuación Ximnasio “A volta ao mundo en 80 días”.
– 23.30h. Concerto “Triblues Band”.
Venres, 12 de agosto de 2016:
– 20.30h. V edición dos Cantos de Taberna.
Sábado, 13 de agosto de 2016:
– 11.00h. Feira de Artesanía
– 12.00h. Billarda.
– 19.00h. Paco Cossío “Rabel”.
– 01.00h. Concerto “Los Íñigos”.
Domingo, 14 de agosto de 2016:
– 11.00h. Feira de Artesanía
– 13.30h. Sesión vermú coas “Macizas Centrais”.
– 19.30h. Desfile de folións e comparsas.
– 23.00. Concerto de “Son do Sil”. (Entrega de premios do concurso de disfraces. Sorteo da pita e o galo).