A Amtega leva ao GDR da Limia a iniciativa ‘Faite dixit@l!’
Veciños de Vilar de Barrio e Trasmiras, da comarca da Limia, participarán entre o 24 e 27 de novembro nunhas xornadas sobre o “Uso de Dispositivos Móbiles”. É unha das actividades do itinerario de capacitación tecnolóxica ‘Faite Dixit@l!’, posto en marcha o pasado mes de setembro pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración con Fundetec.
Neste módulo de ‘Uso de aplicacións móbiles’, as 10 persoas inscritas adquirirán coñecementos sobre tipos de dispositivos móbiles, plataformas e aplicacións, configuración inicial e uso básico, xeolocalización, xestión do tempo, en horario de mañá, de 9 a 14 horas.
Esta actividade achega a grupos en risco de exclusión dixital, o coñecemento sobre novas tecnoloxías, no marco dunha actuación de capacitación que busca cubrir a parte do territorio galego que non conta con aulas da rede CeMIT.
Grupo de Desenvolvemento Rural da Limia
O GDR14, Grupo de Desenvolvemento Rural dá Limia é unha asociación sen ánimo de lucro formada por institucións públicas e privadas de ámbitos sociais, económicos, culturais, veciñais, ambientais e profesionais implicados no deseño e execución de programas para o desenvolvemento social e económico da comarca de Limia.
Os inscritos para esta actividade son veciños dos municipios de Vilar de Barrio e de Trasmiras, que mostraron interese nesta temática á hora de adquirir novas competencias dixitais, e correspóndese cunha actividade do mesmo nome das que levan a cabo, como parte de ‘Faite Dixit@l!’ a través aulas da Rede CeMIT, aínda que os contidos adaptaranse o perfil dos participantes.