A Federación de Asociacións de Mulleres Anaral organiza unha gala con escolares para festexar o Día da Muller

  • Será o sábado no Auditorio Julio Vázquez de Trives con contos, cancións, obras de teatro e lectura de poesías e un “flashmob” de todos os presentes, entre outras actividades
Xunta Directiva da Federacion Anaral

Xunta Directiva da Federacion Anaral

 

A Federación de Asociacións de Mulleres Anaral, de Trives, que preside Milagros Calvo, xunto coas asociacións Anel, Arandeira e Algueirada organizan coa colaboración dos centros educativos da zona (o Colexio de Trives, o Colexio de Manzaneda e o Instituto Trives), un programa de actividades para o próximo sábado, 12 de marzo, a partires das 16,30 horas ó fin de festexar o 8 de marzo (Día da Muller). Será no Auditorio Julio Vázquez de Trives. O programa inclúe cancións, obras de teatro, contos, poesías (incluso a lectura dunha poesía inédita de Asunción Arias) e coreografías, para rematar cun flashmob (“Matriarcas”) no que participarán tódalas persoas participantes nos actos, facendo partícipe a todo o auditorio.

A Federación Anaral considera que o Día da Muller (entendendo que tódolos días son 8 de marzo) é unha data de celebración polos logros acadados na loita pola igualdade das mulleres, tanto a nivel social como económico, político, etc. Tamén, opine que se trata dun día de reivindicación, no que se lembra o conseguido e os retos ainda pendentes: “desde acadar a igualdade salarial a erradicar a violencia de xénero, pasando por incrementar a presenza feminina en órganos directivos, lexislativos, políticos; rematar cos micromachismos e as violencias cotiás que poden pasar desapercibidas por normalizadas, fomentar a coeducación e o bo trato na sociedade en xeral e especialmente nos currículos escolares, etc”.

Cartel

Cartel

 

Ademáis, Anaral sostén que queda moito camino por percorrer para acadar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, e que é un camino no que toda a sociedade debe estar unida.

Presidenta. Milagros Calvo

Presidenta. Milagros Calvo

A presidenta de Anaral, Milagros Calvo, afirma que a “batalla é longa, hai moito por facer, hai que concienciar dende a infancia para loitar contra a desigualdade”. Como adelanto da gala, conta que haberá nenos que interpreten papeis femininos. “Invito a todo o mundo a que veña”, concluyó.

 

También te podría gustar...