Primera extracción de órganos para transplante en parada cardíaca controlada realizada polo CHUO

  • Ata o pasado ano en Galicia este tipo de intervención tan só se realizaba no CHUAC
  • Grazas a solidariedade da familia do doante dous pacientes foron transplantados de ril mellorando a súa calidade e vida e evitando a dependenza da diálise
  • O CHOU é un dos primeiros hospitais de España sen unidade de transplantes nos que se realiza esta técnica, que obriga a un complexo nivel de coordinación nun tempo moi limitado

 

SERGASO Complexo Hospitalario Universitario de Ourense realizou con éxito súa primeira extracción de órganos para transplante nun doante falecido por parada cardíaca, o que se coñece como asistolia controlada, grazas a actuación coordinada dos servizos de Medicina Intensiva e a Unidade de Coordinación de Transplantes, que contou coa intervención do equipo de transplantes do CHUAC, ata 2015 único hospital de Galicia onde se realizaba este procedemento.

O éxito na coordinación do operativo, permitíu manter a viabilidade dos órganos e transplantar a dous pacientes, que viron superados seus problemas de dependenza da dialise grazas a un transplante de ril, que se realizou horas despois no Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña.

O operativo recibíu os parabéns da Oficina Central de Transplantes de Galicia, xa que son moi poucos os hospitais a nivel nacional nos que se realizou este procedemento que non contan cunha unidade de transplantes, xa que esixe un alto grao de coordinación dos distintos servizos e persoal do hospital -sempre nun limitado marxe de tempo- para completar os pasos que levan ao éxito da intervención, incluíndo o imprescindible permiso e solidariedade da familia do doante, nuns momentos de gran impacto emocional, o que fai aínda mais fondo o agradecemento colectivo a súa colaboración.

Estratexia nacional desde 2012

Os doantes en asistolia controlada, ou a corazón parado, son aqueles nos que se certifica a morte polo cese irreversible de latido cardíaco, cumprindo as condiciones xerais da normativa de doazón. A esta condición de irreversabilidade chégase pola falta de resposta ás manobras de reanimación cardiopulmonar, ou por ser lesións incompatibles coa vida, as que determinan seu falecemento por parada cardíaca.

A doazón a corazón parado foi a primeira técnica da historia dos transplantes, cando se iniciou nos anos corenta, pero abandonouse pola dificultade desta técnica, xa que, tras a parada cardíaca, a degradación dos órganos é moi rápida, e deixan de ser viables no tempo necesario para a obtención de permisos e coordinación dos operativos de extracción. Non si, a mellora nas últimas décadas dos métodos de perfusión (circulación extracorporea), preservación e conservación dos órganos, o fai agora moito mais viable, polo que, desde 2012, esta técnica é unha estratexia nacional, recollida no Documento de Consenso Nacional, para a mellora da doazón e o transplante de órganos en España.

También te podría gustar...