O potencial da provincia de Ourense como centro alto rendemento

  • Manuel Baltar e o presidente da Federación de Remo analizan o potencial da provincia de Ourense como centro alto rendemento
  • Nas instalacións de Laias, Aronia e Castrelo de Miño prepáranse seleccións internacionais cara ás olimpíadas e ao campionato do mundo

0 0 MB e Climent feb 16

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu onte no Pazo Provincial a visita do presidente da Federación Española de Remo, Fernando Climent, acompañado polo vicepresidente desta entidade federativa, Luis María Lasúrtegui, ámbolos dous medallistas españois en Los Ángeles 1984, con quen analizou as potencialidades que a provincia de Ourense ten en materia de preparación de deportistas de alta competición no que atinxe á disciplina de remo. Dadas as especiais características da «lámina de auga» do encoro de Castrelo de Miño e das instalacións con que conta o Centro de Adestramento de Remo de Laias, Arnoia e Castrelo de Miño, a provincia ourensá é na actualidade un referente no mundo para seleccións que realizan aquí seu traballo preparatorio cara a competir nos xogos Olímpicos e no Campionato do Mundo.

Neste senso. Baltar e Climent comentaron a posibilidade de establecer liñas de colaboración entre a Deputación de Ourense e a Federación Española de Remo, que permitan seguir afondando na especialización de Ourense no denominado «termalismo deportivo», unha singularidade que Climent valorou moi positivamente, e que, segundo Manuel Baltar, «co apoio da Deputación, seguirá achegando beneficios aos deportistas de remo de alta competición que realicen seus stage no CERLAC, como xa fixeron as seleccións de Bielorrusia, Holanda, Reino Unido, Francia, Rumanía e Australia».

Baltar afirma que na provincia de Ourense «contamos cunha das mellores infraestruturas deportivas de España para a práctica do remo e do piragüismo na contorna do embalse de Castrelo, actuación que parte do Plan «Ourense, a provincia termal», «que combina saúde, deporte e lecer, e que ten como obxectivo poñer en valor unha das principais singularidades da nosa provincia como é o termalismo».

Fernando Climent, remero español, foi Medalla de Prata nas Olimpíadas de Los Ángeles en 1984, en «Dous sen timonel», xunto a Luis María Lasúrtegui. Participou en 17 campionatos do mundo, conseguindo 9 medallas, e en 4 Xogos Olímpicos.

También te podría gustar...