Os coordinadores do 82º Congreso do PEN Internacional no Pazo Provincial

  • Manuel Baltar recibiu aos coordinadores do 82º Congreso do PEN Internacional, que reunirá en Ourense a máis de 250 escritores

0 0 MB e PEN Int feb 16

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu onte aos coordinadores do 82º Congreso do PEN Internacional, un evento que se celebrará entre o 26 de setembro e o 2 de outubro e que reunirá na provincia de Ourense a máis de 250 escritores de todo o mundo. Na reunión, que tivo lugar no Pazo Provincial, o presidente Baltar entrevistouse con Carles Torner, director executivo do PEN Internacional, e con Jena Patel, delegada do congreso, con quen analizou os aspectos organizativos e de xestión do evento, «que situará a Ourense como capital mundial da literatura», segundo expresou Jena Patel.

Manuel Baltar destacou que a provincia de Ourense, «terra de letras e pensamento, creativa, emigrante e traballadora, tende pontes literarias internacionais con este importante congreso», e agradeceu aos coordinadores do congreso o traballo que están a realizar para que todas as delegacións do PEN Internacional se acheguen a Ourense «nunha edición que, sen dúbidas, deixará fonda pegada no ámbito literario, dada a creatividade que a provincia de Ourense ten neste ámbito, con destacados persoeiros, contemporáneos sempre na literatura mundial».

O 82º Congreso do PEN Internacional está organizado pola Deputación de Ourense e o PEN Galicia, e ten como lema «Erguendo pontes literarias».

También te podría gustar...