350.000 euros para a limpeza de case 450 quilómetros de sendas e marxes en tramos fluviais, nove deles en Valdeorras
- Medio Ambiente licita por máis de 350.000 euros o contrato para a limpeza de sendas e marxes en tramos fluviais de ríos nas catro provincias
- Os traballos comprenderán a roza selectiva da vexetación herbácea existente nos sendeiros e na eliminación de especies exóticas invasoras
- En total actuarase 431 km de sendas e ribeiras das catro provincias galegas, sendo a da Coruña, con 123 km, a que se sitúa á cabeza
- Priorizáronse os tramos que se atopan en Rede Natura e aquelas zonas que teñen un alto valor natural
- En Valdeorras, 4,9 km en O Barco e 4,2 km en A Veiga
A Xunta de Galicia licitou onte no Diario Oficial de Galicia (DOG) o contrato de limpeza de sendas e marxes en tramos fluviais seleccionados nas catro provincias galegas, por un importe de 368.977 euros, e que está cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) para Galicia 2014-2020. (http://bit.ly/1Stl12N)
En total actuaranse en tramos e zonas que suman case 450 quilómetros (431,31), repartidos entre as catro provincias galegas, sendo a de Coruña (con 123,16 km) á que se sitúa á cabeza, seguida pola de de Lugo con 114,2 km, en terceiro lugar está a provincia de Pontevedra con 113,75 km e a de Ourense que suma 80,2 km. Así, priorizáronse os tramos que se atopan en Rede Natura e aquelas zonas que teñen un alto valor natural.
Os traballos que comprende este contrato son a roza selectiva da vexetación herbácea existente nos sendeiros de ambas marxes do río e nos principais postos de pesca en diversos tramos. Tamén se procederá á eliminación das especies vexetais exóticas invasoras presentes nos ámbitos de traballo; así como á retirada dos restos vexetais, traballos de limpeza (retirada de residuos asimilables aos sólidos urbanos) e traballos de poda sobre remas enfermas, torcidas e rotas que poidan entorpecer ou dificultar o paso a pescadores, corte de árbores caídas nas sendas.
As entidades interesadas en presentar as súas ofertas a este contrato público dispoñen ata o vindeiro 22 de febreiro.
Na seguinte táboa pode consultarse os coutos ou tramos nos que se actuarán, así como os límites:
Provincia da Coruña
Couto/Tramo | Límite superior | Límite inferior | Km |
“RIBEIRAS” | Afluente Panda ou Río das Forxas (Mañón e O Vicedo; x=604.041, y=4.836.501) | Ponte das Ribeiras do Sor (Mañón; x=603.879, y=4.838.913) | 10,5 |
“SEGADE” | Desembocadura do Regato do Rosario (Mañón e Ourol; x=602.436, y=4.828.483) | Muíño de Cubelas (Mañón e O Vicedo; x=603.544, y=4.832.601) | 8,3 |
LSM Mera | A Presa de Pita (Cerdido e Ortigueira; x=588.609, y=4.828.614) | Ponte da Cardeal (Cerdido e Ortigueira; x=588.108, y=4.829.549) | 1,6 |
“NOVAL” | Ponte da Cardeal (Cerdido e Ortigueira; x=588.108, y=4.829.549) | A Ponte de Mera (Ortigueira; x=588.158, y=4.835.739) | 8,7 |
“SAN SADURNIÑO” | A Ponte de Prospes (San Sadurniño; x=576.857, y=4.820.688) | Ponte Cornide (San Sadurniño; x=574.456, y=4.820.364) | 3,9 |
“NARAHÍO” | A Ponte de Pielas (San Sadurniño; x=574.309, y=4.815.947) | A Ponte da Coveluda (Neda; x=573.397, y=4.817.582) | 3,8 |
LSM Belelle | A Ponte Grande (Neda; x=569.166, y=4.817.275) | Desembocadura no mar (Neda; x=567.939, y=4.816.933) | 1,4 |
“OMBRE” | Barreira de retida de Caaveiro (A Capela e Monfero; x=575.814, y=4.807.118) | Fronte ao km 5 da estrada Pontedeume-A Alameda (Pontedeume e Cabanas; x=570.672, y=4.808.398) | 7,7 |
“ARANGA” | Desembocadura do Río Cambás (Aranga; x=580.381, y=4.786.315) | Desembocadura do Rego do Porto (Aranga e Irixoa; x=575.092, y=4.789.017) | 8,8 |
LSM ANLLÓNS tramo 1 | Pasarela da área recreativa da estación de autobuses (Carballo; x=524.683, y=4.784.241) | Desembocadura do Río de Rosende (Carballo; x=523.088, y=4.783.378) | 2,4 |
LSM ANLLÓNS tramo 2 | Presa da minicentral de Caldas (Ponteceso; x=510.003, y=4.786.506) | Desembocadura do Rº da Balsa (Cabana de Bergantiños e Ponteceso; x=508.196, y=4.785.728) | 3,6 |
“VERDES” | Presa do Muíño do Reigoso (Carballo e Coristanco; x=520.721, y=4.784.999) | A Ponte Nova da Pontedona (Coristanco e Ponteceso; x=515.915, y=4.786.135) | 7,1 |
LSM Castro | A Ponte de Salgueiros (Dumbría e Muxía; x=485.488, y=4.763.114) | A Ponte de Constante (Cee e Muxía; x=484.369, y=4.761.175) | 3,0 |
“SANTA COMBA” | Presa da Xesteira (Santa Comba; x=513.863, y=4.766.861) no río Xallas e Ponte Pereira (Santa Comba; x=510.989, y=4.760.276) no río Abuín | A Ponte de Truebe (Santa Comba; x=508.982, y=4.760.398) | 11,9 |
“XALLAS” | Presa do encoro da Fervenza (Dumbría e Mazaricos; x=499.075, y=4.759.463) no río Xallas e A Ponte Nova (Mazaricos; x=498.599, y=4.753.065) no río Beba | Xunta dos ríos Xallas e Beba (Dumbría e Mazaricos; x=497.200, y=4.755.988) | 9,0 |
LSM Xallas | Presa do encoro de Santa Uxía (Dumbría e Mazaricos; x=491.439, y=4.751.342) | Desembocadura na Fervenza do Ézaro (Carnota e Dumbría; x=490.436, y=4.751.120) | 1,3 |
Encoro de Vilasenín | En todo o seu perímetro | 4,6 | |
“BOICALVO” | Desembocadura do Regato Lodeiro (Cerceda; x=541.715, y=4.776.419) | Desembocadura do Río Biduído (Tordoia; x=542.225, y=4.770.377) | 8,8 |
“SIGÜEIRO” tramo superior | Carolliño de Arriba (Oroso e O Pino; x=551.175, y=4.757.211) | Presa de Chan de Castro (Oroso e Santiago; x=546.543, y=4.757.538) | 8,4 |
“SIGÜEIRO” tramo inferior | A Ponte de Sigüeiro, na estrada A Coruña-Santiago (Oroso e Santiago; x=545.209, y=4.757.166) | Desembocadura do Lengüelle (Oroso e Santiago; x=543.292, y=4.758.417) | 2,4 |
LSM Barcala | Ponte Vilachán ou A Ponte de Cotón (Negreira; x=521.227, y=4.750.504) | 100 m augas abaixo da presa da Balsa de Patiño, situada na cola do encoro, no límite das augas altas (Negreira; x=521.390, y=4.749.837) | 0,76 |
LSM TRABA | Ponte de Portobravo (Lousame e Noia; x=510.825, y=4.737.009) | Muiños de Pedrachán (Noia; x=509.594, y=4.736.775) | 2,2 |
LSM Iso | A Ponte Maroxo (Arzúa; x=568.512, y=4.750.591) | Muíño de Roque ou Muíño de Castrillón, na pasarela que atravesa o río (Arzúa; x=568.055, y=4.748.559) | 3,0 |
Provincia de Lugo
Couto/Tramo | Límite superior | Límite inferior | Km |
“SALMEÁN” L1 y L2 | Presa de Xinzo (A Pontenova; x=647.359, y=4.798.145) | Pasarela do Refuxio (A Pontenova; x=645.805, y=4.798.773) | 2,4 |
“A PONTENOVA “L1, L2 y L3 | A Ponte do Pico (A Pontenova; x=646.636, y=4.801.549) | Ponte do Cairo (A Pontenova e Asturias; x=648.188, y=4.804.887) | 5,0 |
“A PONTENOVA” L4 y L5 (compartidos) | Ponte do Cairo (A Pontenova e Asturias; x=648.188, y=4.804.887) | Presa do Pé da Viña (Trabada e Asturias; x=647.335, y=4.806.424) | 3,2 |
“SAN TIRSO” L1, L2 y L3 (compartidos) | Presa do Pé da Viña (Trabada e Asturias; x=647.335, y=4.806.424) | Pasarela da Volta (Asturias; x=648.242, y=4.807.851) | 2,7 |
“ABRES” L4, L5, L6, L7, L8 y L9 (compartidos) | Río Trabada (Trabada e Asturias; x=651.371, y=4.809.555) | Pozo de Fornacho (Trabada e Asturias; x=653.756, y=4.811.543) | 5,5 |
“CELEIRO” L1, L2 y L3 | Ponte da Cazolga (Lourenzá; x=636.990, y=4.817.539) | Pozo do Pibidal (Barreiros; x=638.816, y=4.819.534) | 7,7 |
“FOZ” L1, L2 y L3 | Pasarela de Valmaior (Foz; x=631.894, y=4.825.618) | Ponte de Fazouro (Foz; x=636.548, y=4.827.851) | 8,0 |
“VIVEIRO” L1, L2, L3 y L4 | Desembocadura Rº das Balsadas (Ourol; x=613.271, y=4.825.811) | A Ponte de Portochao (Viveiro; x=611.958, y=4.832.569) | 11,5 |
“NAVIA” | Hortas das Veigas, enlace da estrada de Moia (Navia de Suarna; x=663.563, y=4.758.858) | Límite da Comunidade Autónoma de Galicia (Navia de Suarna; x=665.763, y=4.761.900) | 5,6 |
“COUREL” | A Ponte de Esperante (Folgoso do Courel; x=652.793, y=4.722.813) | Desembocadura do Regato Ferreiros de Abaixo ou Rego da Veiga (Folgoso do Courel; x=649.150, y=4.719.491) | 6,7 |
“SANTALLA DE LOÚZARA” | A Ponte da Retorta, na estrada entre Gundriz e Praducelo (Samos; x=646.257, y=4.728.653 | Ponte de Santalla de Abaixo, na estrada cara á igrexa (Samos; x=642.855, y=4.724.295) | 9,8 |
“LÁNCARA” | Pasarela de Carballal (Láncara; x=635.798, y=4.746.319) | A Ponte de Marzán (Láncara; x=628.729, y=4.747.297) | 9,8 |
“VALDRIZ” | A Ponte de Valdriz (Láncara; x=627.836, y=4.747.037) | Ponte da estrada Lugo-Sarria (Láncara e O Corgo; x=626.732, y=4.747.589) | 1,7 |
“ORIBIO ALTO” | A Ponte da Balsa (Triacastela; x=643.715, y=4.735.237) | Ponte da Capela do Ciprés (Samos; x=637.122, y=4.732.445) | 12,2 |
“FROLLAIS” | A Ponte da Veiga de Reiriz (Samos; x=634.619, y=4.734.631) | A Ponte de Fafián (Sarria; x=630.027, y=4.735.450) | 11,4 |
“RONFE” | A Ponte de Céltigos (Láncara e Sarria; x=631.660, y=4.744.017) | Ponte do ferrocarril (Láncara; x=627.398, y=4.746.298) | 9,1 |
“LADRA” | Caneiro de toma de auga de Rábade e Outeiro de Rei (Outeiro de Rei; x=610.549, y=4.772.735) | Desembocadura no Miño (Outeiro de Rei; x=612.052, y=4.772.215) | 1,9 |
Provincia de Ourense
Couto/Tramo | Límite superior | Límite inferior | Km |
LSM Miño, tramo 1 | Ponte do Ribeiriño, das Caldas ou Novísima (Ourense; x=592.613, y=4.688.762) | Pasarela de Outariz (Barbadás e Ourense; x=589.191, y=4.688.827) | 4,1 |
LSM Miño, tramo 2 | Liña imaxinaria, perpendicular ao eixo do río, situada 300 m augas arriba da desembocadura do Regato de Alongos (Ourense e Toén; x=585.773, y=4.687.459) | Liña imaxinaria, perpendicular ao eixo do río, que une o acceso ao pantalán de Alongos e a beira oposta (Ourense e Toén; x=584.869, y=4.687.741) | 1,0 |
LSM Loña | Presa de Castadón (Pereiro de Aguiar; x=596.519, y=4.688.842) | Desembocadura no Miño (Ourense; x=594.270, Y=4.689.240) | 3,0 |
“CARBALLIÑO SM” | Presa da piscifactoría da Xunta de Galicia (O Carballiño; x=574.542, y=4.697.301) | A Ponte de Godás (O Carballiño; x=573.493, y=4.697.312) | 1,6 |
“BARBANTIÑO” | Fervenza do Barbantiño (Maside e Amoeiro; x=583.589, y=4.694.676) | Ponte da estrada N-120 (Ourense e Punxín; x=582.152, y=4.689.079) | 6,3 |
LSM Avia, tramo 1 | Restitución da central eléctrica de Albarellos (Boborás; x=569.427, y=4.694.329) | Desembocadura do regueiro que nace cabo da igrexa de Serantes e xunta co Avia en Volta de Valfrío (Leiro; x=570.764, y=4.693.421) | 1,9 |
LSM Avia, tramo 2 | Presa da Veronza (Ribadavia; x=570.974, y=4.682.851) | Ponte do ferrocarril (Ribadavia; x=570.819, y=4.682.204) | 0,8 |
LSM Arnoia, tramo 1) | Límite inferior do couto dos Medos | Pasarela da piscina de Baños de Molgas (x=609.699, y=4.677.510) | 0,5 |
LSM Arnoia, tramo 2) | Presa do Bernardo, aproximadamente 400 m augas abaixo da desembocadura do Regueiro de Mevan (Xunqueira de Ambía; x=605.208, y=4.674.568) | Ponte Romana, na estrada entre Xunqueira de Ambía e a parroquia de Armariz (Xunqueira de Ambía; x=604.080, y=4.674.005) | 1,5 |
LSM Arnoia, tramo 3) | Desembocadura do Regueiro de Boia (Cartelle e Ramirás; x=582.912, y=4.671.751) | A Ponte Nova (Cartelle e Ramirás; x=578.852, y=4.673.757) | 6,2 |
“CONSO” | Desembocadura do Regato Valboa (Vilariño de Conso; x=642.448, y=4.670.170) | A Ponte de Hedrada (Vilariño de Conso; x=646.033, y=4.667.870) | 6,0 |
“CENZA” | Presa do alto Cenza (Vilariño de Conso; x=644.789, y=4.672.977) | Canteira de Castiñeira (Vilariño de Conso; x=648.873, y=4.670.127) | 6,9 |
LSM Sil | Desembocadura do Regueiro de Candís (O Barco de Valdeorras; x=670.053, y=4.698.319) | Ponte de San Fernando, na estrada N-536 (O Barco de Valdeorras; x=666.440, y=4.697.597) | 4,9 |
“A VEIGA” | 200 m augas abaixo da desembocadura do Río Canda (A Veiga; x=667.700, y=4.678.259) | Pozo dos Mouros (A Veiga; x=664.386, y=4.677.825) | 4,2 |
LSM Bibei | Desembocadura do Regueiro da Porta da Arca (Viana do Bolo; x=659.550, y=4.665.983) | Ponte cabo da estrada de entrada ao túnel da central hidroeléctrica de San Agustín (Viana do Bolo; x=658.867, y=4.669.855) | 4,7 |
LSM Camba | Presa do encoro das Portas (Viana do Bolo e Vilariño de Conso; x=648.043, y=4.664.031) | Ponte do camiño que sae de Fornelos de Filloás cara ás Covelas e A Veiga (Viana do Bolo; x=650.478, y=4.664.615) | 5,3 |
LSM Navea | A Ponte Colgante, aproximadamente 200 m augas abaixo da central eléctrica de San Cristovo (A Pobra de Trives e Chandrexa de Queixa; x=636.338, y=4.686.624) | Desembocadura do Regato do Pontón (A Pobra de Trives e Chandrexa de Queixa; x=636.705, y=4.687.433) | 0,9 |
LSM Navea-Queixa | Pozo Simeón (Chandrexa de Queixa e Montederramo; x=629.105, y=4.671.971) | Desembocadura do Regato das Taboazas, cabo dos Pasais das Taboazas (Chandrexa de Queixa; x=628.604, y=4.675.735) | 5,1 |
LSM Edo | Piscinas de Castro Caldelas (Castro Caldelas; x=631.513; Y=4.691.390) | Ponte dos Muiños (Castro Caldelas; x=631.201; Y=4.692.491) | 1,3 |
LSM Mao | 10 m augas arriba da ponte entre os concellos da Teixeira e Parada de Sil (x=623.668, y=4.692.125) | Desembocadura no encoro de Santo Estevo (A Teixeira e Parada de Sil; x=623.812, y=4.693.256) | 1,3 |
LSM Salas | Ponte do camiño Rubiá-Paradela (Calvos de Randín; x=595.848, y=4.640.628) | Ponte de Paradela, na OU-303 (Calvos de Randín; x=593.443, y=4.640.785) | 3,7 |
“CADÓS” | Ponte Pereira (Bande; x=582.868, y=4.655.007) | Desembocadura no encoro das Conchas (Bande; x=585.805, y=4.650.164) | 9,0 |
Provincia de Pontevedra
Couto/Tramo | Límite superior | Límite inferior | Km |
LSM Taboada | Desembocadura do Río de Mera ou de Oisa (Silleda e Vila de Cruces; x=564.297, y=4.730.447) | Presa de Saídres (Silleda e Vila de Cruces; x=562.900, y=4.733.036) | 4,1 |
LSM Carboeiro | 30 m augas abaixo da restitución de agua da minicentral de Saídres (Silleda e Vila de Cruces; x=562.545, y=4.734.142) | Desembocadura do Río de Orza (Silleda e Vila de Cruces; x=560.670, y=4.734.698) | 4,1 |
“DEZA” | Presa de García, (Silleda e Vila de Cruces; x=554.509, y=4.735.920) no río Deza. | 450 m augas abaixo da desembocadura do Deza (Boqueixón e Silleda; x=553.061, y=4.736.717) no río Ulla | 2,3 |
LSM Ulla | Viaduto da autoestrada AP-53 (A Estrada e Vedra; x=548.502, y=4.734.018) | Desembocadura do Regato de Marque (A Estrada e Vedra; x=546.322, y=4.732.762) | 3,1 |
“XIMONDE” | 200 m augas abaixo da Presa de Ximonde (A Estrada e Vedra; x=543.729, y=4.732.657) | Canal de Covelas (A Estrada e Vedra; x=543.069, y=4.732.661) | 0,7 |
“SANTELES” | 100 m augas abaixo do couto de Ximonde (A Estrada e Vedra; x=542.998, y=4.732.741) | Presa do muíño de Arnelas (A Estrada e Vedra; x=541.548, y=4.733.849) | 1,88 |
“COUSO” | Presa de Couso (A Estrada e Teo; x=536.455, y=4.732.773) | 100 m augas abaixo da Pedra de Fernández (A Estrada e Teo; x=535.660, y=4.732.703) | 0,87 |
“SINDE” | Presa de Sinde (A Estrada e Padrón; x=533.755, y=4.732.302) | Desembocadura do Rego do Fontao (A Estrada e Padrón; x=533.210, y=4.732.467) | 0,6 |
“FORCAREI” | Ponte Loureiro ou Ponte do Crego, na estrada entre Loureiro e Quintelas (Forcarei; x=554.852, y=4.716.465) | Ponte Pego (Cerdedo; x=552.344, y=4.710.640) | 9,4 |
“CERDEDO” | Muíño de Penedo (Cerdedo; x=549.951, y=4.709.815) no río Lérez e Pasos de Arén (Cerdedo; x=551.369, y=4.709.576) no río Castro. | Desembocadura do Río Quireza (Cerdedo; x=545.963, y=4.709.215) | 7,5 |
“MONTEPORREIRO” | Presa da Celulosa (Pontevedra; x=533.960, y=4.699.582) | Embarcadoiro (Pontevedra; x=530.983, y=4.699.758) | 3,4 |
“SEIXO” | A Ponte de Neibó (Marín; x=524.871, y=4.688.580) no río Loira, Carballeira de Rei, no paso situado 200 m augas abaixo da ponte da estrada entre Miñán e Allariz (Marín; x=523.684, y=4.687.752) no río Miñán ou Maceira e a Ponte da estrada PO-313 (Marín; x=525.098, y=4.689.577) | Ponte da praia de Loira (Marín; x=521.419, y=4.690.639) | 8,2 |
Sendas e marxes Lagoa Castiñeiras | Regato da Lagoa e principais sendas no recinto da Area Recreativa. | 3,0 | |
“GONDOMAR” | Fervenza da Torre de Chaín (Gondomar; x=521.445, y=4.661.724) | A Ponte da Xunqueira (Gondomar e Nigrán; x=516.578, y=4.662.426) | 6,9 |
“PORRIÑO-MOS” | Ponte Novelda, na estrada que vai da N-550 cara a Espaín (Mos; x=532.707, y=4.672.534) no río Louro e a Ponte do Matadoiro, na estrada que vai da N-120 cara a Piñeiro (Mos; x=530.416, y=4.669.478) no río Perral. | A Ponte de Valo, na estrada PO-331 (O Porriño; x=531.029, y=4.667.877) | 8,3 |
“LOUGARES” | Ponte da estrada entre Lourido e Redondo (Covelo; x=550.903, y=4.679.219) no río Tea e Ponte Caxil, na estrada entre A Carballeira e Alén (Covelo e Mondariz; x=549.137, y=4.680.078) no río Alén | Pasos de Tatín, en Outerelo (Mondariz; x=547.381, y=4.676.808) | 10,9 |
“MONDARIZ” | Lugar de Foxaco ou desembocadura do Río Pequeno (Mondariz; x=546.375, y=4.676.885) | Final do paseo de Mondariz-Balneario (x=542.429, y=4.675.125) | 5,3 |
“PONTEAREAS” | Muíño das Pías, aproximadamente 1 km augas arriba da ponte da estrada PO-253 (Ponteareas; x=540.825, y=4.674.976) | A Ponte Romana de Ponteareas (Ponteareas; x=540.382, y=4.669.537) | 6,9 |
“FILLABOA” | Desembocadura do Uma (Ponteareas; x=540.145, y=4.667.149) | Presa entre os lugares de Rañe e Monte de Abaixo (Salvaterra de Miño; x=540.798, y=4.664.804) | 3,3 |
“UMA” | Ponte Alta (Salvaterra de Miño; x=543.916, y=4.667.790) | Presa da Manguiña, entre A Valboa e As Covas (Ponteareas; x=540.349, y=4.667.247) | 5,7 |
“AS NEVES” | A Ponte da Fenteira, na estrada entre A Fenteira e A Aldea (As Neves; x=552.018, y=4.664.947) | Desembocadura no Miño (As Neves; x=549.740, y=4.658.910) | 9,0 |
“TOUZOSAS” | Pontillón de Pedrás, aproximadamente 500 m augas arriba da ponte da estrada entre As Touzosas e Pintelos (A Cañiza; x=558.419, y=4.668.508) | Presa da praia fluvial de Arbo (Arbo; x=558.234, y=4.663.344) | 8,3 |