A Xerencia de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras acomete unha reorganización do seu equipo directivo

O C.H. UNIVERSITARIO DE OURENSE REFORZA SÚA AREA DIRECTIVA PARA AFRONTAR O RETO DA APERTURA DO NOVO HOSPITAL ESTE ANO

  • O nomeamento de Antonio Álvarez, con ampla experiencia en xestión sanitaria, como novo Director Asistencial, ven parello dunha reordenación das responsabilidades directivas, o que permitirá reforzar esta área no CHUO

  • En paralelo, este cambio permitirá que Ciro Cabezas, anterior director asistencial, asuma a xerencia do Hospital Comarcal de Valdeorras, co obxectivo de potenciar ás especialidades e súa coordinación coa EOXI

  • Pola súa parte Guillermina Agulla retorna a xerencia do Hospital de Verín, dando así continuidade á labor de potenciación médico-cirúrxica, extensión da Hospitalización a Domicilio e os Coidados Paliativos

Eq Dir 5

A Xerencia de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras ven de acometer unha reorganización do seu equipo directivo, en prol de reforzar esta área de cara ao reto que plantexa a apertura, este ano, do novo Edificio de Hospitalización e a coordinación e potenciación dos Servizos Médicos e Urxencias.

Para elo, incorporase ao equipo directivo do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, como novo Director de Procesos Asistenciais, Antonio Alvarez García. Doutor en Medicina pola Universidade de Oviedo e Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, con mais de vinte anos de experiencia no eido da xestión sanitaria e as urxencias, sectores nos que ocupou distintos postos de responsabilidade, a nivel asistencial e de xestión, nos servizos sanitarios de Asturias e Madrid.

Antonio Álvarez desempeñou, nos últimos anos, o posto de Director de Atención Sanitaria e Saúde Publica da Área IV do SESPA (Servizo de Saúde do Principado de Asturias), con competencias na dirección tanto dos centros de Atención Primaria como Especializada, que inclúen ao Hospital Universitario Central de Asturias (HUCA) -hospital de referencia desta comunidade con 1.200 camas- asi como ao Hospital Monte Naranco, e aos 23 equipos de Atención Primaria, cunha cobertura poboacional superior aos de trescentos mil usuarios.

Antonio Alvarez

Antonio Alvarez

Anteriormente, ocupou responsabilidades directivas como Director Médico na Fundación Hospital de Jove; Director Asistencial, e posteriormente Xerente, dos Servizos de Urxencias 061 de Madrid (actualmente Summa-112) e do 061-SAMU de Asturias. Tamén no sector de urxencias, foi responsable do Servizo de Urxencias do Hospital Universitario Central de Asturias.

Con ampla formación especializada na xestión sanitaria, o Dr. Álvarez posúe o Máster en Xestión de Servizos Sanitarios, (CUSP, da Universidade Autónoma de Madrid); conta cunha Diplomatura Superior en Xestión Clínica, pola Escola Nacional de Sanidade, e o Máster de Executivo en Administración Sanitaria, ademais de distintos cursos de habilidades directivas e xestión de servizos sanitarios, xunto cunha ampla experiencia docente.

Cambio nos Hospitais de Valdeorras e Verín

Este cambio no equipo directivo ven acompañado cun cambio na organización da xestión dos dispositivos sanitarios públicos de Ourense. Dunha banda, a Dirección de Procesos Asistenciais, centraliza a súa área de responsabilidade no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, dando así unha maior capacidade e autonomía directiva aos responsables dos hospitais comarcais, permitindo que este posto directivo centre seus esforzos na área asistencial do hospital de referencia e primaria.

Ciro Cabezas Checchi, ata o momento responsable da dirección de procesos asistenciais, pasa a asumir a Xerencia do Hospital Comarcal de Valdeorras, que xa viña coordinando, e asumirá o reto de potenciar as especialidades médico-cirúrxicas e súa coordinación coa Xerencia de Xestión Integrada, así como a posta en marcha de novas unidades, como hospitais de Día, potenciación da Hospitalización a Domicilio e extensión das Consultas de Alta Resolución.

Ata seu nomeamento como Director Asistencial, Ciro Cabezas foi responsable de Calidade, Admisión, Docencia e Investigación da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, á que se incorporou en 2010 e, con anterioridade, ocupou outros postos de responsabilidade no Hospital Povisa de Vigo, onde foi Director Asistencial Axunto e responsable de Calidade.

Licenciado en Medicina, pola Universidade Nacional de Rosario (Arxentina), é especialista homologado en Uroloxía, polo Hospital Británico de Rosario, especialidade na que foi becario pola Confederación Americana de Uroloxía. Desde 1999, orienta a súa carreira profesional á xestión sanitaria, eido no que conta con ampla experiencia e formación.

Cabezas Checci é Máster en xestión e metodoloxía da Calidade Asistencial, pola Fundación Avedis Donabedian, e realizou os programas de Perfeccionamento Directivo en Xestión Sanitaria baseada na Evidencia, na Universidade Pontificia de Comillas-ICADE; así como o Superior en Xestión Hospitalaria, polo Instituto de Empresa de Madrid.

Pola súa parte, a ata agora responsable do Hospital Comarcal de Valdeorras, Guillermina Agulla, retorna á Xerencia do Hospital de Verín, que ocupou entre os anos 2010 e 2013, substituindo a Antonia González Araujo, que cesa a petición propia para voltar ao seu traballo asistencial.

A nova responsable do Hospital de Verín, Guillermina Agulla, é licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Xestión Sanitaria, pola Universidade da Coruña, e posúe o Grao de Experto Universitario en Admisión e Documentación Clínica, pola Universidade Complutense de Madrid.

Cunha dilatada traxectoria no ámbito da xestión sanitaria, foi Inspectora Médica nas Direccións Provinciais de Vigo e Vilagarcía de Arousa do Instituto Social da Mariña. Institución onde asumiu distintas responsabilidades de xestión, ao fronte da dirección da Casa do Mar de Pontevedra e do conxunto de centros, de Especialidades e Casas do Mar, da Dirección de Institucións Abertas.

Agulla foi tamén responsable de Consultas Externas do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón de Pontevedra, e ocupou distintos postos de responsabilidade en Admisión e Documentación Clínica, no Hospital Provincial e no Complexo Hospitalario de Pontevedra. Desde 2005, está vencellada á sanidade pública de Ourense, onde exerceu como médico especialista en Admisión e Documentación Clínica, no C.H. Universitario de Ourense, centro no que tamén foi subdirectora médica.

Eq Dir 5

También te podría gustar...