Centralizadas todas as consultas externas de psiquiatría no centro da Rúa Concello

PSIQUIATRÍA CENTRALIZA DESDE MAÑÁ TÓDALAS SÚAS CONSULTAS EXTERNAS NO CENTRO DE ESPECIALIDADES DA RÚA CONCELLO

  • En paralelo este cambio permitirá centralizar no CHUO as consultas de xinecoloxía e traumatoloxía existentes no Centro de Especialidades que se situarán na área de consultas destes servizos

SERGASO Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense centralizará desde mañá as súas consultas no Centro de Especialidades, da Rúa Concello, mediante o traslado a este centro das existentes na Unidade de Saúde Mental de A Ponte, na rúa Ribeira de Canedo.

En paralelo esta medida permitirá reunir nun mesmo espazo as consultas de Traumatoloxía e Xinecoloxía, trasladando as consultas destes servizos desde o Centro de Especialidades ás areas de consultas externas, con que xa contan no CHUO.

Para elo, procedeuse a reforma e ampliación da área de consultas de Traumatoloxía, no edificio Cristal, con dúas novas salas, o que mellorará o traballo en equipo do servizo e a accesibilidade a probas diagnosticas e consultas de acto único.

Pola súa parte, o traslado das dúas consultas existentes no CES de Xinecoloxía foi posible mediante a recente reforma e ampliación desta area asistencial, no Edificio Materno Infantil, que permitíu habilitar dúas novas salas de consulta e mellorar o espazo dispoñible para a consulta de suelo pélvico.

A centralización de consultas responde a un obxectivo de mellora da integración funcional dos equipos asistenciais destes tres servizos, longamente demandado polos seus profesionais, evitando a dispersión e mellorando a accesibilidade dos pacientes que, desde agora, teñen un único punto de acceso ás consultas externas.

También te podría gustar...