Nanas, un sendeiro estelar e unha Chuvia de Xemínidas

  • Ruta Inaugural do único Sendeiro Estelar Nocturno de Galicia
  • Primeira actuación incluídanoprograma anual de concertos nocturnos“Nanas para Trevinca”
  • Posta en funcionamento dos dez telescopios adquiridos polo Concello da Veiga
Grupo Rañadoiro

Foto: Carmen Denébola Álvarez

 

O pasado 12 de decembro un total de 50 afeccionados chegados de distintos puntos de Galicia, participaron na I Chuvia das Xemínidas, en Trevinca, único Destino Starlight de Galicia. O grupo composto por afeccionados ao mundo da astronomía, hosteleiros da zoa, familias e público en xeral, desfrutou dunha xornada única.

Comezaron ás 10:00h da mañá cunha charla sobre Mecánica Celeste e o uso de software planetario, a cargo de Óscar Blanco.

A segunda parte da mañá estivo adicada ao manexo de planisferios celestes adquiridos polo Concello da Veiga e que estarán a disposición dos turistas.

Xa no obradoiro da tarde guiado por Pablo Canedo, montaxe e manexo de telescopios. Os dez telescopios adquiridos polo Concello estarán a disposición dos monitores turísticos Starlight.

Despois dunha cea de confraternidade, ás 22:00h comezaron a ruta inaugural do Sendeiro Estelar O Rañadoiro. Xa alí observaron os meteoros, constelacións, a nosa vía láctea…acompañados do concerto “Nanas para Trevinca” a cargo do Grupo de saxofón (este foi o primeiro concerto de saxofón ao que seguirán futuras actuacións, dentro do programa de concertos nocturnos).

IMG_20151212_233959

“Nanas para Trevinca”

 

O chocoanoitecer xa a medianoite, baixo o paraugas dos meteoros, foi o remate dunha xornada de experiencias únicas no Destino Turístico Starlight Trevinca.

Galería Xornada:

IMG_1864

IMG_20151212_140911(2)

IMG_20151212_165511

IMG_20151212_172118

También te podría gustar...