Entrega dos III Premios de Investigación

  • Rosendo Fernández participa na entrega dos III Premios de Investigación

0 RF III Premios de Investigacion

 

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou esta mañá na entrega dos III Premios de Investigación do Colexio de Economistas de Ourense e Facultade de Ciencias Empresarias e Turismo de Ourense que distinguiron a tres traballos fin de grao. No acto tamén estiveron presentes Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense; a decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, Elena Rivo; o decano do Colexio de Economistas de Ourense, Guillermo Díez; e o conselleiro delegado do Grupo Revi e presidente da Asociación Galega de Empresa Familiar, Julio Iglesias García.

A entrega dos galardóns tivo lugar na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense no marco da celebración do Foro de Economía e Sociedade, polo que precedendo á entrega dos premios, Julio Iglesias ofreceu unha conferencia sobre a empresa familiar. Rosendo Fernández destacou ao respecto do tema que «grazas ás pequenas e medianas empresas, a economía de moitas cidades teñen benestar e a oportunidade dun futuro mellor».

En canto aos galardoados, nesta ocasión o primeiro premio foi para Silvia Fernández Vila, graduada en Turismo co traballo «Centros de Interpretación. Unha análise crítica dos equipamentos para a xestión turística do patrimonio galego».

Os accésit foron para Raquel Rodríguez Vieitez, graduada en Turismo polo traballo «Geomarketing, geolocalización y turismo. El posicionamiento de destinos turísticos en base a una variable geográfica», e para John Leyton Velásquez, graduado en Administración e Dirección de Empresas polo traballo «Grado de cumplimiento de la Norma Técnica de Auditoría sobre informes por parte de los Auditores».

También te podría gustar...