«Smiley Water», o compositor Alejandro Abad está gravando en Ourense o vídeoclip deste proxecto solidario internacional «Smiley Water»

  • A Deputación de Ourense colabora con esta iniciativa xunto ao Colexio Padre Feijoo-Zorelle, Cruz Vermella, Expourense e balnearios de 15 países
  • Manuel Baltar e Alejandro Abad falaron dos aspectos técnicos e promocionais da rodaxe do vídeoclip, que se está a realizar en diferentes puntos da provincia de Ourense
Alejandro Abad e Manuel Baltar

Alejandro Abad e Manuel Baltar

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu onte Pazo Provincial ao compositor e cantautor Alejandro Abad, quen está estes días en Ourense gravando co coro infantil do Colexio Padre Feijoo-Zorelle o vídeoclip do proxecto internacional de termalismo solidario SMILEY WATER, unha iniciativa na que colabora a Deputación de Ourense xunto co citado centro educativo, a Cruz Vermella, Expourense e balnearios de 15 países, incluídos os da provincia de Ourense.

Trátase dun proxecto audiovisual en favor dos nenos refuxiados de Oriente Medio e Europa, o primeiro das súas características, e que será presentado proximamente, «co obxectivo de amosar a súa solidariedade e facer unha chamada de apoio, sensibilización e colaboración a todo o mundo en defensa das persoas máis débiles, os nenos refuxiados, que están a padecer xunto coas súas familias esa enorme traxedia humanitaria», afirma o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.

Na súa reunión, Baltar e Alejandro Abad falaron dos aspectos técnicos e promocionais da rodaxe do vídeoclip, que se está a realizar estes días en diferentes puntos balnearios da provincia de Ourense, na Ribeira Sacra e na capital ourensá, tendo como principais protagonistas aos nenos e a auga termal.

Manuel Baltar agradeceu o compromiso dunha figura tan importante no panorama musical como é Alejandro Abad, quen dixo sentirse fondamente feliz «por colaborar con esta iniciativa nacida en Ourense e coa que se pretende levar ao mundo a través da música unha mensaxe de ilusión e esperanza aos nenos refuxiados e ás súas familias». O compositor é o autor da banda sonora deste proxecto solidario, da cal cederá gratuitamente os dereitos da composición musical para que poida ser distribuída e descargada a través das redes sociais.

También te podría gustar...