Opinión cidadá para levar a cabo o desenvolvemento urbano sostible da provincia
A Deputación de Ourense pedirá opinión aos cidadáns para levar a cabo o desenvolvemento urbano sostible da provincia.
- Enquisas, encontros cos axentes sociais e un buzón específico para recoller ideas serán as principais acción de participación cidadá que o goberno provincial utilizará para elaborar una estratexia de provincia nos ámbitos medioambiental, económico e social.
- O obxectivo é lograr que a provincia de Ourense se articule en torno a catro eixes: sostibilidade do medio ambiente, «Provincia Intelixente», competitividade e desenvolvemento económico, e termalismo.
A Deputación de Ourense pedirá a opinión dos cidadáns para levar a cabo o desenvolvemento urbano sostible integral da provincia. A iniciativa parte da vontade do goberno provincial, segundo explica o seu presidente, Manuel Baltar, «de poñer en marcha plans estratéxicos de longo percorrido, que conten co consenso dos cidadáns da provincia e que sexan útiles para avanzar como provincia cohesionada». Para elo, afirma o presidente, considérase clave o acceso aos fondos europeos «e nestes momentos atopámonos no período de financiamento 2014-2020, en cuxo marco a Comisión Europea concede axudas par impulsar o desenvolvemento dos territorios».
Manuel Baltar reafírmase en que a cooperación cidadá e a identificación plena co que pensan as veciñas e veciños da provincia de Ourense «é clave para o éxito deste proxecto». Neste sentido destaca que a participación cidadá «poderase realizar por medio de enquisas, encontros cos axentes sociais e un buzón específico para recoller ideas. Estas serán as principais acción de participación cidadá que o goberno provincial utilizará para elaborar una estratexia de provincia nos ámbitos medioambiental, económico e social».
Na enquisa –á que se poderá acceder desde a web da Deputación de Ourense- recolleranse opinións e suxestións dos cidadáns, e proporánselles cuestións sobre os principais problemas e retos da provincia de Ourense así como sobre as posibles solucións. O buzón abrirase por medio da Unidade de Transparencia para que calquera cidadán, organización ou colectivo faga chegar ás súas propostas por escrito. E no que atinxe á participación dos axentes sociais, asociacións e sociedade civil, organizaranse encontros con todos estes estamentos para escoitar directamente as súas opinións e propostas.
Visión integral de provincia
O obxectivo é lograr que a provincia de Ourense se articule en torno a catro eixes: sostibilidade do medio ambiente, onde o concepto de «provincia verde» cobra especial relevancia; «Provincia Intelixente», mediante o uso das tecnoloxías da información; Competitividade e desenvolvemento económico, que se traducirá en apoio a emprendedores, pemes e ao conxunto do tecido empresarial, e desenvolvemento do termalismo, un dos principais activos da provincia de Ourense, que é preciso potenciar dende unha óptica integral que inclúa o turismo, a industria, a formación, a enerxía e a cohesión territorial.
Precisamente, unha das liñas de axudas europeas refírese al Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado, e a súa finalidade é axudar ás administracións locais a afrontar seus retos de futuro. Neste sentido, o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas publicará nos vindeiros días convocatoria destas axudas e a Deputación de Ourense márcase liderar unha estratexia integrada neste ámbito para dispoñer dunha folla de ruta que sirva de guía para levar a cabo proxectos de sostibilidade para o territorio provincial. Entre eles figura iniciativas sobre o uso das tecnoloxías da información, a transición a unha economía baixa en carbono, o impulso de políticas medioambientais e a inclusión social. Trátase de traballar por un desenvolvemento integrado que non se centre só en obras senón que poña en marcha «proxectos vivos e con contidos que contribúan ao desenvolvemento da provincia», explica Manuel Baltar.