Garantida a dotación de enfermería do centro de saúde de Xinzo de Limia

A XERENCIA DE XESTIÓN INTEGRADA GARANTE A DOTACIÓN DE ENFERMERÍA DO CENTRO DE SAÚDE DE XINZO DE LIMIA

  • O Centro de Saúde de Xinzo de Limia conta cun cadro de persoal de 11 enfermeiras que continuarán atendendo as súas necesidades asistenciais
  • Esta mesma mañá dúas directivas da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense visitaron a vila para responder as dúbidas xeradas e garantiron o mantemento do cadro de persoal de enfermería
Centro Salude Xinzo de Limia

Centro Salude Xinzo de Limia

 

O Centro de Saúde de Xinzo de Limia continuará mantendo un cadro de persoal de enfermería formado por 11 enfermeiras que atenden, con criterios de calidade as súas necesidades asistenciais, sempre dacordo ás ratios mais esixentes en canto número de efectivos de enfermería en función de poboación e actividade.

Precisamente para clarexar as dúbidas xurdidas algúns dos seus usuarios, a raiz de das declaracións feitas públicas por distintos representantes políticos e sindicais, a Directora de Procesos Asistencias sen Ingreso, Isabel Gómez, e a subdirectora de Procesos Asistenciais de Enfermería, Montserrat Souto, responsables directas da organización asistencial de Atención Primaria en Ourense, visitaron hoxe a vila antelán para informar a un grupo de representantes dos usuarios, sobre a organización asistencial de Xinzo, nunha reunión organizada pola Escola de Saúde.

Nesta reunión, ambas responsables da Xerencia de Xestión Integrada, reiteraron que o número de efectivos de enfermería do cadro de persoal do Centro de Saúde de Xinzo de Limia manterase en 11 enfermeiras, o que garante a calidade asistencial tanto dos nenos en idade pediátrica como dos adultos, en tódolos tramos horarios deste centro, que conta igualmente cun Punto de Atención Continuada para atención de urxencias.

Adaptar os recursos ás necesidades

O Centro de Saúde de Xinzo de Limia oferta atención sanitaria, cunha carteira de servizos avanzados, aos 10.493 usuarios con tarxeta sanitaria neste concello, deles o 25,6%, 2.696 usuarios, son maiores de 65 anos, e por tanto con maior risco de incidencia de polipatoloxía e cronicidade, e por tanto maior demanda asistencial, especialmente de enfermería.
A reordenación das funcións asistenciais da enfermería, correspóndense coa organización interna do propio servizo de atención primaria, de cara a dar unha axeitada e áxil resposta asistencial, en función das necesidades reais que marca a actividade diaria para, deste xeito, adecuar os efectivos á actividade, destinando mais efectivos ás funcións con maior volume de consultas e poboación.

 

 

También te podría gustar...